Albergues privados

Albergue Camiño Real
Rúa Ourense, 9 (Sigüeiro)
Albergue Quinta Andaina
Avenida da Grabanxa, 28 (Sigüeiro)
O Fogar da Chisca
Rúa do Campo, 4 (Sigüeiro)
Albergue Mirás
Avenida de Compostela, 16 (Sigüeiro)
Sigüeiro Hostel
Plaza Alexandre Bóveda, 1 (Sigüeiro)
Pensión Vilanova
Lugar Alto de Vilanova, 2 (Sigüeiro)

Pavillón deportivo de Sigüeiro


O pavillón municipal de Sigüeiro é gratuito e a súa utilización está supeditada á dispoñibilidade do mesmo debido as actividades deportivas municipais que se realizan.
O pavillón estará aberto para uso por parte dos peregrinos só durante os meses de xullo e agosto e unicamente se dará aloxamento a aqueles grupos de peregrinos que alcancen un mínimo de 40 persoas, sempre con reserva previa, solicitude e autorización do Concello.
Para solicitar autorización para pernoctar no pavillón será necesario cubrir o impreso normalizado e envialo ao Concello de Oroso xunto coa seguinte documentación obrigatoria:

  • As normas de utilización do pavillón, asinadas polo/a responsable do grupo.
  • Os DNIs de todos os participantes no camiño.
Os teléfonos de contacto para a chegada a Sigüeiro son: (Pabellón municipal: 981 927 901 e Protección Civil de Oroso: 698 169 443)

Restauración


O Concello de Oroso conta cunha ampla variedade de negocios de restauración hostaleira de moi alta calidade onde poderá degustar produtos típicos galegos e da comarca.

Punto de Información do Camiño Inglés


Dependente do Concello, a piscina municipal acolle un Punto de Información do Camiño Inglés (PICI), onde os peregrinos dispoñen de toda a información referente aos servizos que poden atopar en Sigüeiro, dende o emprazamento das farmacias ata os teléfonos dos albergues. Como é lóxico, só está aberto na tempada de verán.

Teléfonos de interese

Pavillón Deportivo
Protección Civil
Concello de Oroso
Policia Local
Centro de Saúde
Emerxencias
deseña ASINFO