O Concello de Oroso descubre unha placa conmemorativa da peregrinación realizada por Margery Kempe hai seiscentos anos.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, descubriu unha placa conmemorativa da peregrinación realizada por Margery Kempe no ano 1417, coincidindo co seiscentos aniversario do seu paso polo municipio. A placa, colocada a carón do Punto de Información ao Peregrino do Camiño Inglés, foi descuberta no marco do primeiro Encontro Internacional no Camiño Inglés, celebrado no centro cultural de Sigüeiro. ...


A Asociación de Concellos do Camiño Inglés instará a Patrimonio a escoitar as demandas dos municipios ante do novo trazado xacobeo.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés dirixirase á Dirección Xeral de Patrimonio para solicitar un encontro no que trasladarlles as queixas dos municipios diante do novo trazado do Camiño Inglés. “Cando a Asociación teña aprobados os seus estatutos loitaremos e dialogaremos por este tema”, comprometeu o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira. ...


El Camino Inglés no tendrá nueva señalización hasta la próxima semana.

Oroso amaneció ayer, un día más, con tan solo un marco señalizador del Camino Inglés en los siete kilómetros que separan el municipio de Ordes de la capital de aquel, Sigüeiro. Las recientes pérdidas de peregrinos por los montes y su consiguiente enfado hicieron que intervinieran Antonio Leira, concejal orosino responsable de esta ruta jacobea, y Rafael Sánchez, gerente del Xacobeo, quien a primera hora de la mañana de ayer mismo comprobó in situ las deficiencias actuales desde A Rúa (Ordes) hasta la salida de Sigüeiro. El problema radica en que la Xunta está reseñalizando el Camino Inglés y la empresa concesionaria de los trabajos, Ovisa, ha retirado todos los marcos para limpiarlos sin poner una señal alternativa. ...


Manuel Mirás e Nava Castro inauguran o I Encontro Internacional no Camiño Inglés, que reúne a preto de cen persoas en Oroso.

Preto de cen persoas, entre investigadores, estudantes e veciñanza, participan hoxe xoves no primeiro Encontro Internacional no Camiño Inglés, que vén de ser inaugurado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Un encontro que se desenvolverá no centro cultural de Sigüeiro durante a xornada de mañá venres 6 de outubro, con entrada libre e de balde. ...


O centro cultural de Sigüeiro acolle o I Encontro Internacional no Camiño Inglés, que organizan o Concello de Oroso e a Deputación.

O Concello de Oroso e a Deputación da Coruña organizan o 5 e 6 de outubro o primeiro Encontro Internacional no Camiño Inglés, que este ano estará dedicado á figura de Margery Kempe cando se cumpren 600 anos da súa peregrinación a Santiago. Unha iniciativa que terá lugar no centro cultural de Sigüeiro, con entrada libre e de balde. ...


O Concello de Oroso apoia a iniciativa que pretende declarar o Camiño Inglés como Patrimonio da Humanidade.

O Concello de Oroso valora e apoia a iniciativa da Real Orde de Cabaleiros de María Pita que pretende a declaración do Camiño Inglés como Patrimonio da Humanidade. O alcalde, Manuel Mirás, e varios integrantes da corporación, recibiron este mediodía o grupo de peregrinación desta entidade, que partiu o pasado venres da Coruña e rematará mañá coa chegada a Santiago. ...


A Deputación estudará as propostas da Asociación de Concellos do Camiño Inglés para impulsar este itinerario xacobeo.

Os deputados provinciais Xosé Regueira e Antonio Leira, reunironse na Deputación co alcalde de Oroso e presidente da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago, Manuel Mirás. ...


O Camiño Inglés, reseñalizado por completo no Concello de Oroso.

O Camiño Inglés foi señalizado novamente en todo o Concello de Oroso, o último antes de entrar no de Santiago. Un grupo de voluntarios, co apoio do personal e material do propio concello, percorreu os menos de seis kilómetros do concello pintando frechas amarelas. Todos os cruces xa estaban señalizados, pero tras o invierno nalgúns puntos as frechas estaban tan desvaídas que podían incluso non verse. Ademáis, nun cruce foron cortados varias árbores e en días pasados houbo que rescatar a tres peregrinos desorientados. ...


O Concello de Santiago asina a acta fundacional da Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e alcalde de Oroso, Manuel Mirás, salienta “a implicación do Concello de Santiago coa Asociación de Concellos do Camiño Inglés, como demostra o feito de que vén de asinar a acta fundacional da entidade xa que non puido estar representado formalmente en Carral o pasado 20 de xuño, data de nacemento da asociación”. Mirás Franqueira confirma que “Santiago ten aprobada en pleno a súa adhesión á asociación e chamaron para desculpar a súa ausencia en Carral por motivos de axenda, pero a súa implicación coa iniciativa é total”. ...


Constituída a Asociación do Camiño Inglés, que estará presidida polo alcalde do Concello de Oroso, Manuel Mirás.

Representantes de 14 dos 18 municipios polos que discorre o Camiño Inglés reuníronse esta mañá en Carral para constituír formalmente a Asociación do Camiño Inglés, que nace co obxectivo de promover esta ruta xacobea. Unha asociación que estará composta polos Concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago; non sumándose inicialmente á iniciativa os municipios de A Coruña, Culleredo e Cambre. ...

deseña ASINFO