Oroso, protagonista nun capítulo da serie internacional "Turismo Rural no Mundo" para Televisión Española.

O Concello de Oroso foi un dos paraxes elixidos para a nova tempada de ‘Turismo Rural no Mundo’, unha coproducción internacional de RTVE e Orange dirixida polo realizador e periodista Juan Frutos que se estreará en xaneiro de 2019. ...


La Xunta licita las obras de mejora e integración paisajística del Camino Inglés.

La Consellería de Infraestructuras y Movilidad acaba de licitar las obras de mejora e integración paisajística del Camino Inglés, a su paso por el polígono del Tambre, en Compostela, con una inversión de más de 1,82 millones de euros. ...


Refuerzan los pilares del puente de Sigüeiro ante su mal estado.

El Ministerio de Fomento está ejecutando las obras de refuerzo de los pilares que soportan la estructura del puente medieval sobre el río Tambre por el que discurre la N-550 a su paso por Sigüeiro. Esta actuación obedece a una petición del Concello de Oroso, a cuyo gobierno preocupaba la situación de una estructura que soporta el paso de más de 22.000 al día. «Vemos a obra con bos ollos. Había que reparar a ponte, porque senón podería quedar cortada a N-550», explicó ayer el alcalde, Manuel Mirás. ...


A irmá de John Lennon, peregrina en Oroso.

Unha representación da Real Orde de Cabaleiros de María Pita chegou hoxe de peregrinación a Oroso cunha invitada de luxo, a irmá de John Lennon, Julia Baird, que foi nomeada hai uns días embaixadora da entidade. ...


Promoción do Camiño Inglés en Inglaterra.

O deputado provincial Antonio Leira aproveitou unha viaxe da propia Deputación da Coruña para facer una parada nos colexios de Bishop Auckland. No nome do alcalde de Oroso, Manuel Mirás, entregou nun deles, o St. John’s, os premios que gañaron dous dos seus alumnos dentro do certame “Escríbelle unha carta a János Zádori”, peregrino húngaro que pasou por Sigüeiro hai xustamente 150 anos. Bishop Auckland atópase no nordés de Inglaterra e moi preto de onde comeza o Camiño Inglés. ...


O alcalde, Manuel Mirás, recibe a un grupo de profesores e alumnos do colexio inglés de St. Johns.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, recibiu o pasado venres 26 de abril na Coruña a un grupo de profesores e estudantes do colexio católico St. Johns, de Bishop Auckland (condado británico de Durham). ...


Os peregrinos de orixe británica, maioría dos que chegan a Oroso nesta primavera.

Gran Bretaña está a piques de substituír a Italia como país que máis peregrinos envía a percorrer o Camiño Inglés, alo menos durante esta primavera. Se a eles se lles suma os procedentes de países como Canadá, Estados Unidos, Australia, Nova Zelandia e mesmo a India -todos eles, de maioritaria fala inglesa-, “con claridade esta ruta xacobea está recuperando o esplendor que tivo en épocas medievais”, en palabras do alcalde, Manuel Mirás. ...


Peregrinar baixo a neve.

Alguén lembrou en voz alta a frase que se atribúe a Filipe II: «Yo no mandé a mis naves a luchar contra los elementos», en referencia ao desastre da Armada Invencible, destruída polas treboadas. Cando a pronunciou o monarca, o calendario marcaba 1588. Cando a repetiu alguén era o pasado 17 de marzo e máis de medio cento de persoas peregrinaban a oito graos baixo cero e inicialmente cun forte temporal de neve entre a abadía de Finchale e a catedral de Durham (merecido patrimonio da humanidade). Esperábanse case centenar e medio de abnegados peregrinos, pero iso, os elementos, desanimaron á maioría. ...


O Concello de Oroso e o Xacobeo colaborarán para potenciar o Camiño Inglés e para que o ano santo 2021 sexa un éxito.

O Concello de Oroso colaborará co Xacobeo para que o Ano Santo 2021 sexa un éxito e ambas institucións potenciarán de forma conxunta o Camiño Inglés. Manuel Mirás, alcalde de Oroso, e Antonio Leira, concelleiro de Turismo e deputado provincial, recibiron hoxe no Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés (CEICI) a Cecilia Pereira, recentemente nomeada conselleira delegada do Xacobeo e a Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo. ...


O alcalde e o concelleiro Antonio Leira, en Inglaterra na recuperación da peregrinación polo Camiño Inglés.

Oroso non faltou á peregrinación que partiu o 17 de marzo da abadía de Finchale e rematou na catedral de Durham; unha e outra no nordés de Inglaterra e punto de arranque do Camiño Inglés que acaba en Santiago tras pasar pola ponte de Sigüerio. O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro e deputado provincial Antonio Leira acompañaron aos 75 peregrinos que desafiaron temperaturas de 8 graos baixo cero e tamén inicialmente unha nevada moi forte. Á chegada á cidade de Durham esperábaos un grupo de concelleiros locais, e todos xuntos entraron na catedral, onde recibiron un certificado de ter feito unha peregrinación que foi recuperada hai tres anos despois de medio milenio de silencio imposto polo rey inglés Enrique VIII. “Xa estivéramos hai dous anos e esta é segunda vez que andamos por estas terras-manifestou o alcalde, Manuel Mirás-, e o que pretendemos é que Oroso ocupe aquí, no comezo do Camiño Inglés, o lugar que se merece, e que se saiba que somos un lugar de paso histórico pero tamén o concello que está liderando a recuperación desa ruta xacobea”. ...

deseña ASINFO