Os peregrinos de orixe británica, maioría dos que chegan a Oroso nesta primavera.

Gran Bretaña está a piques de substituír a Italia como país que máis peregrinos envía a percorrer o Camiño Inglés, alo menos durante esta primavera. Se a eles se lles suma os procedentes de países como Canadá, Estados Unidos, Australia, Nova Zelandia e mesmo a India -todos eles, de maioritaria fala inglesa-, “con claridade esta ruta xacobea está recuperando o esplendor que tivo en épocas medievais”, en palabras do alcalde, Manuel Mirás.

Como mostra, a finais da semana pasada nos...


Peregrinar baixo a neve.

Alguén lembrou en voz alta a frase que se atribúe a Filipe II: «Yo no mandé a mis naves a luchar contra los elementos», en referencia ao desastre da Armada Invencible, destruída polas treboadas. Cando a pronunciou o monarca, o calendario marcaba 1588. Cando a repetiu alguén era o pasado 17 de marzo e máis de medio cento de persoas peregrinaban a oito graos baixo cero e inicialmente cun forte temporal de neve entre a abadía de Finchale e a catedral de Durham (merecido patrimonio da humanidade). Esperábanse case centenar e medio...


O Concello de Oroso e o Xacobeo colaborarán para potenciar o Camiño Inglés e para que o ano santo 2021 sexa un éxito.

O Concello de Oroso colaborará co Xacobeo para que o Ano Santo 2021 sexa un éxito e ambas institucións potenciarán de forma conxunta o Camiño Inglés. Manuel Mirás, alcalde de Oroso, e Antonio Leira, concelleiro de Turismo e deputado provincial, recibiron hoxe no Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés (CEICI) a Cecilia Pereira, recentemente nomeada conselleira delegada do Xacobeo e a Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo.

Mirás e Leira explicáronlle a Pereira a historia e o papel qu...


O alcalde e o concelleiro Antonio Leira, en Inglaterra na recuperación da peregrinación polo Camiño Inglés.

Oroso non faltou á peregrinación que partiu o 17 de marzo da abadía de Finchale e rematou na catedral de Durham; unha e outra no nordés de Inglaterra e punto de arranque do Camiño Inglés que acaba en Santiago tras pasar pola ponte de Sigüerio. O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro e deputado provincial Antonio Leira acompañaron aos 75 peregrinos que desafiaron temperaturas de 8 graos baixo cero e tamén inicialmente unha nevada moi forte. Á chegada á cidade de Durham esperábaos un grupo de concelleiros l...


A concellería de Turismo convoca o III Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés.

A concellería de Turismo, que preside Antonio Leira e que ten entre as súas competencias a divulgación e promoción do Camiño Inglés, vén de convocar o Certame de Traballos de Investigación desa ruta xacobea. Trátase da terceira edición dun certame que nas dúas anteriores viu como se presentaban más de corenta estudos en cada unha delas. Neses casos os premios marcharon a lugares tan distantes como Lancaster (Gran Bretaña), Valencia ou Dublín (Irlanda), o cal é unha mostra do interese que de...


O Concello de Oroso descubre unha placa conmemorativa da peregrinación realizada por Margery Kempe hai seiscentos anos.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, descubriu unha placa conmemorativa da peregrinación realizada por Margery Kempe no ano 1417, coincidindo co seiscentos aniversario do seu paso polo municipio. A placa, colocada a carón do Punto de Información ao Peregrino do Camiño Inglés, foi descuberta no marco do primeiro Encontro Internacional no Camiño Inglés, celebrado no centro cultural de Sigüeiro.

Manuel Mirás estivo acompañado polos concelleiros de Turismo, Antonio Leira, e Ensino, Beatriz Rodeiro, así como por medio ...


A Asociación de Concellos do Camiño Inglés instará a Patrimonio a escoitar as demandas dos municipios ante do novo trazado xacobeo.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés dirixirase á Dirección Xeral de Patrimonio para solicitar un encontro no que trasladarlles as queixas dos municipios diante do novo trazado do Camiño Inglés. “Cando a Asociación teña aprobados os seus estatutos loitaremos e dialogaremos por este tema”, comprometeu o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.

Un compromiso anunciado durante a mesa de alcaldes celebrada esta mañá dentro do progra...


El Camino Inglés no tendrá nueva señalización hasta la próxima semana.

Oroso amaneció ayer, un día más, con tan solo un marco señalizador del Camino Inglés en los siete kilómetros que separan el municipio de Ordes de la capital de aquel, Sigüeiro. Las recientes pérdidas de peregrinos por los montes y su consiguiente enfado hicieron que intervinieran Antonio Leira, concejal orosino responsable de esta ruta jacobea, y Rafael Sánchez, gerente del Xacobeo, quien a primera hora de la mañana de ayer mismo comprobó in situ las deficiencias actuales desde A Rúa (Ordes) hasta la salida de Si...


Manuel Mirás e Nava Castro inauguran o I Encontro Internacional no Camiño Inglés, que reúne a preto de cen persoas en Oroso.

Preto de cen persoas, entre investigadores, estudantes e veciñanza, participan hoxe xoves no primeiro Encontro Internacional no Camiño Inglés, que vén de ser inaugurado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Un encontro que se desenvolverá no centro cultural de Sigüeiro durante a xornada de mañá venres 6 de outubro, con entrada libre e de balde.

Manuel Mirás agradeceu á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña, hoxe representadas por Nava Castro e o deputado provi...


O centro cultural de Sigüeiro acolle o I Encontro Internacional no Camiño Inglés, que organizan o Concello de Oroso e a Deputación.

O Concello de Oroso e a Deputación da Coruña organizan o 5 e 6 de outubro o primeiro Encontro Internacional no Camiño Inglés, que este ano estará dedicado á figura de Margery Kempe cando se cumpren 600 anos da súa peregrinación a Santiago. Unha iniciativa que terá lugar no centro cultural de Sigüeiro, con entrada libre e de balde.

O encontro será inaugurado este xoves 5 de outubro, ás 19:00 horas, polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás; pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e polo deputado provi...

deseña ASINFO