O Concello de Oroso apoia a iniciativa que pretende declarar o Camiño Inglés como Patrimonio da Humanidade.

O Concello de Oroso valora e apoia a iniciativa da Real Orde de Cabaleiros de María Pita que pretende a declaración do Camiño Inglés como Patrimonio da Humanidade. O alcalde, Manuel Mirás, e varios integrantes da corporación, recibiron este mediodía o grupo de peregrinación desta entidade, que partiu o pasado venres da Coruña e rematará mañá coa chegada a Santiago.

Mirás, como alcalde de Oroso e como presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, manifesta que “somos conscientes de que...


A Deputación estudará as propostas da Asociación de Concellos do Camiño Inglés para impulsar este itinerario xacobeo.

Os deputados provinciais Xosé Regueira e Antonio Leira, reunironse na Deputación co alcalde de Oroso e presidente da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago, Manuel Mirás.

Nesta primeira toma de contacto entre os responsables das áreas de Turismo e Economía da institución provincial e a recén creada entidade, que agrupa a 14 dos 18 concellos polos que discorre o Camiño Inglés, acordouse que a asociación canalizará as propostas e ideas dos distintos municipios polos que discorre o itinerario para facerllas cheg...


O Camiño Inglés, reseñalizado por completo no Concello de Oroso.

O Camiño Inglés foi señalizado novamente en todo o Concello de Oroso, o último antes de entrar no de Santiago. Un grupo de voluntarios, co apoio do personal e material do propio concello, percorreu os menos de seis kilómetros do concello pintando frechas amarelas. Todos os cruces xa estaban señalizados, pero tras o invierno nalgúns puntos as frechas estaban tan desvaídas que podían incluso non verse. Ademáis, nun cruce foron cortados varias árbores e en días pasados houbo que rescatar a tres peregrinos desorien...


O Concello de Santiago asina a acta fundacional da Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e alcalde de Oroso, Manuel Mirás, salienta “a implicación do Concello de Santiago coa Asociación de Concellos do Camiño Inglés, como demostra o feito de que vén de asinar a acta fundacional da entidade xa que non puido estar representado formalmente en Carral o pasado 20 de xuño, data de nacemento da asociación”. Mirás Franqueira confirma que “Santiago ten aprobada en pleno a súa adhesión á asociación e chamaron para desculpar a súa ...


Constituída a Asociación do Camiño Inglés, que estará presidida polo alcalde do Concello de Oroso, Manuel Mirás.

Representantes de 14 dos 18 municipios polos que discorre o Camiño Inglés reuníronse esta mañá en Carral para constituír formalmente a Asociación do Camiño Inglés, que nace co obxectivo de promover esta ruta xacobea. Unha asociación que estará composta polos Concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago; non sumándose inicialmente á iniciativa os municipios de A Coruña, Culleredo e Cambre....


Repartidos máis de 250 exemplares da guía “Descrición do Camiño Inglés / The English Way” no acto da súa presentación.

O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro quedou pequeno para acoller a presentación da guía “Descrición do Camiño Inglés: da Coruña a Compostela / The English Way: A Coruña to Santiago de Compostela”, promovida polo Concello de Oroso e elaborada por Manuel Pazos e Trese Barton. Un acto que estivo presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e ao que asistiron practicamente todos os concelleiros dos distintos grupos políticos municipais.

Pese a que se dispuxeron máis de ...


O centro cultural de Sigüeiro acolle mañá venres a presentación da guía “Descrición do Camiño Inglés / The English Way”.

O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá mañá venres 26 de maio, ás 20:30 horas, a presentación da guía “Descrición do Camiño Inglés: da Coruña a Compostela / The English Way: A Coruña to Santiago de Compostela”. Trátase dunha guía escrita en galego e en inglés sobre o Camiño Inglés, que foi promovida polo Concello de Oroso e elaborada por Manuel Pazos, historiador local e responsable do Arquivo Histórico Municipal de Fotografía, e Trese Barton, graduada en Estudos ...


O ex-xogador de baloncesto grego Nikos Galis visita o CEIP do Camiño Inglés.

Os nenos e nenas do CEIP do Camiño Inglés (Sigüeiro-Oroso) recibiron esta mañá a visita dun ilustre peregrino: o lendario xogador de baloncesto grego Nikos Galis, que iniciaba a súa derradeira etapa da iniciativa “El Camino acaba en Obradoiro”. Unha visita na que estivo acompañado pola concelleira de Ensino, Beatriz Rodeiro; o concelleiro de Turismo e deputado provincial, Antonio Leira, e o director do CEIP do Camiño Inglés, Francisco Ávila, á fronte de gran parte do profesorado do centro.

Galis desfrutou do enc...


O Concello de Oroso recibe a un ilustre peregrino polo Camiño Inglés: o lendario xogador de baloncesto grego Nikos Galis.

O Concello de Oroso recibiu esta tarde a visita dun ilustre peregrino polo Camiño Inglés: o lendario xogador de baloncesto grego Nikos Galis, que chegou a Sigüeiro da man da iniciativa “El Camino acaba en Obradoiro”, promovido polo Obradoiro CAB e que conta coa colaboración do Concello de Oroso, a Deputación da Coruña, o Xacobeo, Río Natura Monbús e a Obra Social “La Caixa”. Galis foi recibido no Paseo do Carboeiro polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, acompañado polo deputado provincial e concelleiro de Urbanismo, An...


Veciños, hostaleiros e comerciantes de Oroso debaten sobre as potencialidades do Camiño Inglés para a economía do municipio.

“É un diamante en bruto que pode dar moito a todo o pobo xa que é unha oportunidade de negocio para os distintos sectores económicos de Oroso”. Así describiu o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, as potencialidades do Camiño Inglés durante un acto divulgativo desta Ruta Xacobea organizado pola Deputación da Coruña e o Concello de Oroso no centro cultural de Sigüeiro. Unha xornada que correu a cargo de Cristóbal Ramírez, xornalista e divulgador do Camiño Inglés, quen foi presentado por Antonio Leira, concelleiro de ...

deseña ASINFO