O Concello de Oroso modifica o PXOM para adaptalo ao novo trazado do Camiño Inglés e ampliar varios núcleos de poboación.

“O plan xeral é un documento que imos modificando para mellorar as condicións de vida dos nosos veciños”, sostén Manuel Mirás

O grupo de goberno do Concello de Oroso, liderado por Manuel Mirás, aprobou unha modificación do Plan Xeral de Ordenamiento Municipal (PXOM) para adaptalo ao novo trazado do Camiño Inglés.

A modificación puntual do plan xeral permitirá tamén o estudo detido e a protección de novos vestixios arqueolóxicos que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta atopou no Concello de Oroso.

“O plan xeral é un documento que imos modificando para mellorar as condicións de vida dos nosos veciños, a configuración dos núcleos de poboación no concello e as comunicacións”, sostén Manuel Mirás.

De feito, esta nova modificación do PXOM servirá para modificar e ampliar varios núcleos de poboación en diferentes parroquias do municipio, adaptando a redacción do texto ás necesidades dos veciños e veciñas.

O pasado mes de setembro de 2018, o pleno do Concello de Oroso aprobou provisionalmente outra modificación puntual do PXOM para posibilitar un cambio nas ordenanzas municipais, naquel caso para eliminar a zona saturada de ruidos.

deseña ASINFO