eduardo veiras

Curso de decoración navideña.


O Concello de Oroso organiza durante os días 3, 4, 10, 11 e 17 de decembro en horario de 19:00 a 21:00 h un curso de decoración navideña no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.
O curso vai dirixido a maiores de 16 anos e terá un custo de 6 €.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en realiza-lo curso deberán inscribirse antes do 28 de novembro no Departamento de Cultura do Concello de Oroso ou chamando o teléfono 981 690 903.