eduardo veiras

Cinemas Dixitais


A Conselleria de Cultura, a través de Dirección Xeral de Creación e difusión Cultural e a Axencia Audiovisual Galega en Colaboración co IGAEM, pon en marcha o proxecto Cinemas Dixitais, unha rede de exhibición alternativa de produccións audivisuais para toda a xeografía galega empregando o soporte dixital, á maneira do cinema tradicional.

O obxetivo principal é a recuperación e extensión de espacios de exhibición pública nas vilas e pobos e por outra banda a promoción e difusión da producción audivisual galega dentro do seu público natural aproveitando as grandes posibilidades que ofrecen as novas tecnologías.

A programación estará configurada na súa meirande parte, pola producción audiovisual galega: longometraxes actuais, curtametraxes, documentais, filmes históricos e tamén cinema estranxeiro dobrado, videocreación, produccións doutras comunidades autónomas, etc…

O primeiro ciclo está estructurado en base a 13 telefilmes feitos en Galicia. A proxección dos telefilmes será de outubro a decembro.

Os telefilmes van dirixidos a maiores de 13 anos (polo contido).

Tódolos filmes serán as 19:00h. no centro cultural de Fernando Casas e Novoa (Edificio de Usos Múltiples en Sigüeiro)

Programación:

11 de outubro:  “SECUESTRADOS EN XEORXIA”
18 de outubro:  “PATAGHOROBI”
25 de outubro:  “A ATLÁNTIDA”
31 de outubro:  “A BIBLIOTECA DA IGUANA”
8 de novembro:  “AUTOPSIA”
15 de novembro:  “CONDENADO A VIVIR”
22 de novembro:  “SARA”
29 de novembro:  “ENTRE BATEAS”
5 de novembro:  “JALISCO”
13 de decembro:  “MÁIS CA IRMÁNS”
21 de decembro:  “MENTÍNDOLLE Á VIDA”
26 de decembro:  “O TESOURO” (de Ánxel Fole)
27 de decembro:  “O PARTIDO”