Concurso de Panxoliñas.
Bases
Primeira.- PARTICIPANTES:
- Poderán participar cantos grupos formalicen a súa inscrición dentro do prazo establecido
- O número de integrantes dos grupos é limitado, podendo utilizar instrumentos musicais de libre elección aínda que o xurado valorará o acompañamento musical con instrumentos tradicionais galegos.
- Todos os grupos participantes interpretarán no seu repertorio dúas panxoliñas de libre elección.
- As panxoliñas poderán ser tradicionais, adaptadas ou orixinais sendo necesario que a música e a letra teñan carácter Navideño.
Segunda.- MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN:
- a) Modalidade Infantil (ningún dos compoñentes deberá ter a idade de 15 anos a fecha de inscrición)
- b) Modalidade adultos (dende 15 anos en adiante)
Os grupos que se inscriban en cada unha das modalidades poderán estar compostos por grupos organizados por colexios, institutos, APAS, asociacións xuvenís, coros parroquiais ou outros colectivos.
Terceira.- INSCRICIÓN, PRAZO, FORMA E REQUISITOS:
- As inscricións realizáranse no centro cultural de Fernando Casas e Novoa en horario de 9:00 h a 15:00 h de luns a venres, presentando o formulario de solicitude cumprimentado e compromiso de participación firmado.
- O prazo será dende o 30 de novembro ó 20 de decembro de 2007.
- Para realizarse o concurso deberán de xuntarse como mínimo tres grupos por categoría.
- O orden de actuación establecerao a organización como considere máis oportuno.
Cuarta.-PREMIOS:
- O xurado outorgará un premio o gañador de cada modalidade (infantil e adultos).
- Os premios dos gañadores de cada categoría serán unhas cestas de Nadal axeitadas a cada categoría.
Quinta.- O XURADO:
- Será designado polo Concello de Oroso, a través da concellería de cultura e será dado a coñecer oportunamente, reservase a facultade de interpretar as presentes bases e resolver calquera imprevisto.
- O xurado estará composto por cinco membros con facultades relacionadas co mundo da música, folclore ou semellantes.
- Criterios de valoración:
- Calidade musical e literaria da obra representada
- Nivel instrumental e vocal dos participantes
- Adecuación do grupo o espacio escénico
Sexta.- PUBLICIDADE:
O concurso será exhibido en público o día 27 de decembro ás 20:30h. no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa.
Sétima.-
Os concursantes sométense ás presentes bases e o fallo do xurado que será inapelable, podendo declarar desertos algúns ou a totalidade dos premios.