eduardo veiras

Xornadas Nadal xogos na Rede.


Descripción:

Estas xornadas constan dunha serie de actividades onde os nenos e nenas se familiarizan coas novas tecnoloxías e aprenden ou perfeccionan habilidades cun ordenador ó mesmo tempo que se divirten xogando. Ademais cada un dos xogos fomenta o desenrolo de algunha destreza ou capacidade a vez que, ó ser un concurso, crease unha competitividade logrando un maior concepto social e favorecendo a amizade entre os participantes

Xustificación:

Dende o Concello de Oroso consideramos necesario organizar estas actividades posibilitando que nesta franxa de idade e durante as vacacións de Nadal os nenos e nenas do concello atopen unha actividade e divertimento ó seu tempo libre.

A principal problemática que se observa é que o concello e bastante disperso, polo que os nenos e nenas que non residan en Sigüeiro precisan que os maiores os leven e traian á Aula de Informática.

Obxectivos:

OBXECTIVOS XERAIS:

  • Lograr que os nenos e nenas do concello se acheguen as novas tecnoloxías.
  • Aprender a instalar e manexar diferentes xogos.
  • Entender o concepto de actividade en rede.
  • Favorecer “competitividade” dos participantes logrando o mesmo tempo un lazo social e de amizade.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

  • Manexar correctamente tanto o teclado como o rato.
  • Aprender outras habilidades e destrezas como o traballo en equipo ou o concepto de estratexia.
  • Facer un repaso a cultura xeral a través do Trivial, un xogo de preguntas e respostas.
  • Facer un repaso pola historia de a través dun xogo que reproduce as batallas do imperio de Roma.
  • Reforzar a capacidade de memoria e habilidades para un razoamento lóxico a través de xogos como o Xadrez, as Damas ou o Trotapalabras.

Contidos e actividades:

  • XADREZ
    • Xogo de estratexia que pon a proba o noso sentido espacial e capacidade de organización sobre un taboleiro. Enriquece a memoria, o concepto de estratexia, a capacidade de sentido espacial e a competitividade.
  • TROTAPALABRAS
    • Xogos didáctico a través de internet a través no cal os participante intercambian palabras e comprenden mellor o concepto de xogo en rede, o mesmo tempo que enriquecen o vocabulario e melloran a ortografía.
  • DAMAS
    • O igual que o anterior estamos a falar dun xogo de estratexia que xunto co seu desenrolo a través dun ordenador favorece a súa visión lúdico-didáctica.
  • IMPERIUM
    • Xogo de historia de incrible valor didáctico baseado en feitos reais da conquista de Roma. A finalidade do xogo e facerte co poderoso imperio polo que se necesita desenrolar certas destrezas e habilidades fomentando unha gran capacidade de liderazgo nos seus xogadores.

Destinatarios:

Todos os nenos e nenas de idades comprendidas entre 12 e 16 anos.

Nº de asistentes:

Nun principio o número de asistentes será ilimitado, aínda que á hora de desenrolar a actividade faranse grupos de 10 persoas. No xogo do trivial faixe unha excepción no que se refire ó grupo, pois permítese facer grupos en vez de ser un xogo con carácter individual.

Ubicación:

Aula de Informática do Concello de Oroso.

Temporalización e horario:

O venres 22 queda destinado a instalación e probas dos diferentes xogos co fin de que xurdan o menor número de incidencias posibles os días das actividades.

DECEMBRO

MERCORES 26

XOVES 27

VENRES 28

11:30 prácticas dos nenos coas Damas.

12:30 Concurso Damas.

11:30 Xogos online. Trotapalabras

12:30 Concurso Trotapalabras.

11:30 prácticas dos nenos co Xadrez.

12:30 Concurso Xadrez.


 

XANEIRO

MERCORES 2

XOVES 3

11:30 Ensaio Imperium. Os nenos e nenas xogan libremete

11:30 Concurso Imperium.

Desenrolo:

Todos os xogos se desenrolan a través da rede, aínda que no caso do Imperium será unha rede local. O Xadrez, Damas e Trotapalabras levaranse a cabo a través da páxina de xogos online: http://juegos.orange.es/juegos/demesa/index.html

O Imperium é un xogo de estratexia baseado nas batallas de Roma. Consiste en que cada xogador forme un exercito tan poderoso capaz de derrotar os seus rivais. Gañan os dous últimos exércitos en ser derrotados sendo primeiro o que posúa o exercito mais poderoso. Por ser un xogo de certa dificultade reservase o mércores 2 de xaneiro para que os participantes aprendan o funcionamento do xogo e ensaien estratexias.

No caso de que en calquera dos diferentes concursos se apunten mais participantes que número de ordenadores ten a aula estableceranse turnos.

Recursos:

Estarán a dispoñibilidade todos os recursos da Aula de Informática do Concello para o correcto funcionamento das actividades.

  • 10 ordenadores.
  • 1 impresora.
  • Altavoces.
  • Mesas e sillas.
  • . . .

Orzamento:

En principio as actividades repercutirán nun gasto aproximado de 150 €uros en concepto de xogos para premios e material para a Aula de Informática (xogos dos concursos).

Non está previsto producir ningún ingreso coa realización da actividade.