Manuel Mirás

O Vicepresidente da deputación visita Oroso para anunciar investimentos no municipio.


O alcalde, Manuel Mirás, e o tenente de alcalde, Xosé M. Pérez, recibirán a Pablo Villamar ás 11:00 e darán unha rolda de prensa ás 11:30 horas.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, visitará mañá mércores o concello de Oroso, onde anunciará importantes investimentos do organismo provincial no municipio. Pablo Villamar chegará a Sigüeiro ás 11:00 horas, onde será recibido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, xunto co primeiro tenente de alcalde, Xosé Manuel Pérez. Acto seguido, asinará no libro de honra do Concello e reunirase co grupo de goberno do Concello de Oroso.

Ás 11:30 horas, Manuel Mirás, Xosé Manuel Pérez e Pablo Villamar darán unha rolda de prensa na que o vicepresidente provincial anunciará e explicará unha serie de investimentos que a Deputación da Coruña vai levar a cabo no municipio nos vindeiros anos.