Inauguración das obras da primeira fase do abastecemento de Senra, Cardama e Anxeles.
O presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, manterán un encontro coa prensa en Senra ás 12:30 horas.
O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, inaugurará mañá mércores, ás 12:30 horas, a primeira fase do abastecemento de auga a Senra, Cardama e Ánxeles. O presidente provincial chegará a Sigüeiro ás 12:00 horas, onde será recibido no Concello de Oroso polo alcalde e os demais compoñentes da corporación municipal.
Despois de asinar no libro de honra do concello, a comitiva desprazarase ata a parroquia de Senra, onde terá lugar a inauguración destas obras de abastecemento de auga e terá lugar unha pequena rolda de prensa. A visita rematará cun encontro cos veciños e veciñas destas parroquias de Oroso.