maría carmen liste

O Concello de Oroso organiza un curso gratuito de Tai-Chi para persoas maiores.


O prazo de inscrición remata o vindeiro 30 de xaneiro e as clases comezarán o 1 de febreiro.

O Concello de Oroso organiza un curso de tai chi para peroas maiores, que se impartirá totalmente de balde. A actividade está dirixida especialmente ao colectivo da Terceira Idade do municipio xa que se trata de sesións de exercicio físico nas que se desenvolve especialmente a coordinación e o control do equilibrio, ademais de favorece-la axilidade e a estabilidade emocional dos participantes.

As clases terán lugar tódolos venres, de 10:30 a 12:30 horas, no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. Unhas sesións que darán comezo o vindeiro 1 de febreiro. Os únicos requisitos para participar son ser maior de sesenta anos e estar empadroado no Concello de Oroso.

Os maiores dispoñen ata o vindeiro mércores, 30 de xaneiro, para inscribirse no departamento de Servizos Sociais de Atención Primaria, ubicado na rúa do Deporte (baixo). O horario de atención ao público é de 9:30 a 13:30 horas tódolos días da semán con excepción dos xoves.