maría carmen liste

Sigüeiro celebra mañán sábado un baile adicado aos maiores do municipio.


O baile comezará ás 18:30 horas e incluirá unha degustación de produtos típicos do Entroido.

O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá mañán sábado, 9 de febreiro, a partires das 18:30 horas, un Baile de Maiores. Unha xornada que estará animada polas actuacións do grupo “Bahía Blanca” e do humorista Pacheco, que gañou o concurso de humor do programa da TVG “Luar” de 2007.

O Concello de Oroso organizou este baile como punto de encontro entre os veciños de maior idade do municipio. Unha organización na que contou coa colaboración da Asociación da Terceira Idade, creada a finais do pasado mes de novembro, que se encargou de invitar aos seus asociados ao baile. Asimesmo, o Concello tamén se encargou de avisar a tódolos participantes nas actividades para a terceira idade que se celebran a diario en Sigüeiro de cara a conseguir a maior participación posible nesta iniciativa.

Ademais de música e humor, os maiores tamén disfrutarán dunha degustación de produtos típicos do Entroido (como orellas e filloas), acompañados por bebidas e un cotillón, que se repartirá durante o baile. Con este baile do maiores, o Concello de Oroso pon o punto e final ao seu programa de Entroido 2008