O Concello de Oroso invita aos veciños de Sigüeiro a participar no tren dos Reis Magos.
As Súas Maxestades chegarán a Sigüeiro a bordo dun tren turístico que percorrerá as rúas da capital municipal.
As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegarán a Sigüeiro o vindeiro 5 de xaneiro, ás 17:30 horas. E non o farán en camello, senon a bordo dun tren semellante aos que operan en Santiago de Compostela para levar aos turistas por todo o casco antigo.
O Concello de Oroso fixo un chamamento a todos os veciños e veciñas de Sigüeiro para que participen nesta cabalgata especial a bordo dese tren. A intención do Concello de Oroso é que os veciños que desexen colaborar nesta iniciativa podan participar caracterizados como pastores, anxos, paxes reais... para conseguir entre todos unha cabalgata moito máis fermosa. Para participar, só é preciso anotarse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa (Sigüeiro) ou chamar ao teléfono 981 69 09 03.
O tren dos Reis Magos sairá da estación de Vilacide ás 17:30 horas do 5 de xaneiro e fará un percorrido polas rúas de Sigüeiro. Finalmente, as Súas Maxestades serán recibidos na Casa do Concello ás 18:15 horas e chegarán a pavillón de deportes ás 19:00 horas.
Posteriormente, os pequenos poderán disfrutar no pavillón de deportes de diversas actividades de ocio con inchables, xogos tradicionais, música e animación ata ás 21:30 horas. O pavillón permanecerá pechado ata as 18:45.