Inauguración do novo campo de fútbol de herba artificial de Sigüeiro.
Ao acto asistirán o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inaugurarán mañán xoves, 17 de xaneiro, ás 13:00 horas, o novo terreno de herba artificial do campo de fútbol de Sigüeiro. Ao acto tamén asistirán o concelleiro de Deportes de Oroso, Eduardo Veiras, e distintos membros da corporacion municipal.
As obras realizadas enmárcanse no plan provincial para dotar de terrenos de xogo de herba artificial a 45 campos de fútbol da provincia, cun investimento total de más de 16 millóns de euros.