A Deputación financiará con 70.000 euros a iluminación do campo de fútbol de Sigüeiro.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, conseguíu o compromiso do presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, durante a inauguración do novo terreo de herba artificial.
O campo de fútbol de Sigüeiro terá unha nova iluminación. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, conseguíu o compromiso do presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, de que a institución provincial financiará os 70.000 euros necesarios para a instalación das torretas e das luminarias precisas.
Manuel Mirás explicoulle ó presidente provincial que “xa témo-lo proxecto e fixemos a acometida, a canalización e a cimentación das torretas, só nos faltan as torretas e as luminarias”. A petición foi aceptada polo presidente provincial, que destacou que deste xeito “os veciños e veciñas de Sigüeiro poderán utilizar estas instalacións en calquera momento do día que o desexen”.
Fernández Moreda anunciou este compromiso durante o acto de inauguración do novo terreo de herba artificial do campo de fútbol de Sigüeiro. Un acto ao que tamén asistiron o primeiro tenente de alcalde de Oroso, Xosé Manuel Pérez Penas; o concelleiro de Deportes de Oroso, Eduardo Veiras; o deputado provincial responsable de Obras, Bernardino Rama; así como todo o equipo de goberno do Concello de Oroso.
Manuel Mirás amosou o seu agradecemento á Deputación Provincial xa que “para o Concello de Oroso é unha gran satisfacción ter unha instalación deste tipo con céspede artificial porque permitirá que todos os veciños que practiquen o fútbol, dende nenos ata adultos, poidan utilizar este campo que, de non ter este céspede artificial, só podería utilizar o equipo oficial”.
Herba artificial.
As obras levadas a cabo no campo de Sigüeiro foron de substitución do firme de céspede natural por céspede sintético, cuia herba quedou lastrada mediante unha capa de area e outra de gránulos de caucho. As obras contaron cun orzamento de 444.913 euros, dos que o 85% foi subministrado pola Deputación da Coruña e o 15% restante polo Concello de Oroso.
Dentro do campo de fútbol 11 se realizaron as marcaxes pertinentes para dispoñer de dous campos de fútbol-7. Ademais, tamén se procedeu á instalación dun xogo de porterías de fútbol-11 fixas, dous xogos de porterías de fútbol-7 móbiles, un xogo de banderíns, redes e banquillos. Asimesmo, instalouse unha barandilla perimetral mediante tubos horizontais e verticais galvanizados.
O campo de fútbol municipal de Sigüeiro ten unhas dimensións de 94,6 x 57,6 metros, cunha ancho de bandas de metro e medio e cun ancho de fondo de dous metros e medio. Para o riego instaláronse seis canóns de longo alcance, co seu correspondente programador, cun caudal de 64 m3/h. O auga recóllese en canaletas lonxitudinais nos laterais do campo e conéctase nos fondos a través de arquetas e colectores.