eduardo veiras

Oroso fecha a vindeira semán o prazo de inscrición para a Liga 2008 de Fútbol sala.


Poderán participar ata un máximo de 18 equipo, que deberán anotarse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa antes do 25 de xaneiro.

O Concello de Oroso organiza un liga de fútbol sala na que poderán participar ata un máximo de 18 equipos, que deberán anotarse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro antes do venres 25 de xaneiro. O obxectivo desta actividade é “ofrecer a tódolos veciños de Oroso a posibilidade de practicar deporte e promove, ao mesmo tempo, as boas relacións entre todos”, explica Eduardo Veiras, concelleiro de Deportes.

Os equipos estarán compostos por un mínimo de oito xogadores e un máximo de doce, todos eles maiores de 16 anos. As bases da competición recollen que só se permitirá “fichar” a dous xogadores que non estén empadroados en Oroso, aínda que tamén admitirán xogadores que residan na parroquia de Barciela ou que traballen en empresas que teñan o seu domicilio no municipio.

Como o límite de equipos é de 18, a selección farase por estricto orde de presentación de solicitudes. Unhas solicitudes que deberán incluir un abono de 35 euros por xogador para facer un seguro de accidentes que cubra os riscos da competición. Uns encontros que terán lugar de luns a venres, en horario de 21:00 a 23:15 horas.