eduardo veiras

Un milleiro de persoas disfrutaron co concurso de disfraces do Concello de Oroso.


No concurso inscribíronse 60 participantes, entre grupos, comparsas e disfraces individuais.

Preto dun milleiro de veciños e veciñas encheron este sábado o pavillón polideportivo de Sigüeiro para disfrutaren da gran festa-concurso de disfraces. Un concurso no que o Concello de Oroso repartíu máis de 3.000 euros (1.200 para a categoría infantil e o resto para a categoría de adultos) entre os máis de sesenta participantes.

Por categorías, os disfraces gañadores da modalidade infantil (nas modalidades individual, grupo e comparsa) foron: “Muñeca de trapo”, “Os pingüis vanse de pesca” e “Grease”. Os finalistas foron: “María Antonieta”, “Como o perro e o gato” e “A revolución das chachas”. Na categoría de adultos, os gañadores resultaron “Palloza”, “Cadena Cien” e “Vellos labradores”, mentres que os finalistas destas modalidades individual, grupo e comparsa foron: “Señor Burns”, “Fregonas” e “As décadas da túa vida”. Ademais, o xurado acordou un premio especial de 150 euros para unha comparsa de Oroso chamada “Os simpsons”.

Todos eles participaron previamente nun desfile polas rúas de Sigüeiro, no que estiveron acompañados por un grupo de animación disfrazados de insectos xigantes. Unha vez celebrado o concurso de disfraces, e entregados os premios do concurso de máscaras, os máis pequenos disfrutaron dunha serie de inchables e obradoiros de globoflexia. Ademais, tanto eles coma os seus pais puideron tamén desgustar productos tan típicos destas datas como son as orellas e as filloas.

Obradoiros

O programa de Entroido en Sigüeiro continuou esta mañán, luns 4 de febreiro, coa celebración dun obradoiro de maquillaxe dirixido aos máis pequenos da casa no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa. Para a mañán do mércores 6 de febreiro, o Concello de Oroso ten programado un novo obradoiro para os maiores de cinco anos. Nesta ocasión trátase da creación de carteiras con cómics.