Dezaseis rapaces de Oroso participan nun obradoiro de creación de carteiras con cómics.
O sábado, ás 18:30 horas, terá lugar un Baile de Maiores no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa.
Un total de dezaséis pequenos, de entre cinco e dez anos, participaron esta mañán nun obradoiro de creación de carteiras con follas de cómics organizado polo Concello de Oroso. Durante dúas horas, os pequenos seguiron as instruccións das súas monitoras e recurtaron uns “Mortadelos” para, con pegamento, faceren cadansúa carteira.
O programa de Entroido do Concello de Oroso rematará este sábado 9 de febreiro, “sábado de piñata”, cun Baile de Maiores, que terá lugar no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro a partires das 18.30 horas. A velada estará animada por un grupo musical e pola actuación de Pacheco, gañador do concurso de humorista do programa de televisión “Luar” do pasado 2007.