O Concello de Oroso celebra o acto oficial de cambio de nome do Centro Cultural de Sigüeiro.
Asistirán o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o deputado provincial e presidente da Comisión de Economía da Deputación, Antonio Lagares.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o deputado provincial e presidente da Comisión de Economía da Deputación da Coruña, Antonio Lagares, celebrarán
o xoves, 21 de febreiro, ás 12:30 horas, o acto oficial de cambio de nome do centro de usos múltiples de Sigüeiro que, dende o pasado mes de setembro leva o nome do arquitecto Fernando Casas e Novoa.
Durante o acto descubrirase unha placa conmemorativa na honra á figura deste ilustre arquitecto, orixinario da parroquia de Senra, autor da fachada do Obradoiro e considerado un dos mestres do arte barroco en España. Un cambio de nome que está incluido na aposta do Concello de Oroso por homenaxear a ilustres personalidades galegas dándolles o seu nome a rúas, prazas e edificios emblemáticos de Sigüeiro. Este último caso do Centro Cultural Fernando Casas e Novoa únese ao celebrado este mesmo luns, coa inauguración da praza Alexandre Bóveda, e ao que tivo lugar o pasado mes de xaneiro coa praza de Isaac Díaz Pardo.
A decisión de darlle o nome de Fernando Casas e Novoa ao centro cultural de usos múltiples de Sigüeiro adoptouse de forma unánime no pleno municipal celebrado o pasado mes setembro, que aprobou o cambio de denominación de dúas prazas de Sigüeiro e deu nome a cinco rúas do polígono industrial e ao devandito centro