Manuel Mirás inaugura a exposición do X Certame de artes plásticas "Isaac Díaz Pardo".
O alcalde orosán asegura que o Centro Cultural Fernando Casas e Novoa converteuse “no lugar de encontro entre artistas e cidadáns”.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, inaugurou esta tarde a exposición do X Certame de Artes Plásticas “Isaac Díaz Pardo”, unha mostra organizada pola Deputación da Coruña en colaboración coa Concellería de Cultura de Oroso. Un acto no que Mirás agradeceu ao presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, o labor da Deputación durante as dez edicións deste certame, que definiu como “unha plataforma moi importante para os novos creadores onde teñen a oportunidade de expoñer e amosar as súas obras e creacións e, ao mesmo tempo, dalas a coñecer por toda a provincia”.
Neste sentido, Mirás Franqueira destacou o papel da sala de exposicións do Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, construido grazas ao apoio da Deputación Provincial, e que “vén a ser, cada vez con máis e máis forza, o lugar de encontro entre artistas e os cidadáns de Oroso”. Así mesmo, Manuel Mirás destacou a itinerancia deste certame, o que permitirá “achegarllo aos nosos veciños e veciñas, que poderán visitalo ata o 12 de maio”.
Homenaxe a Díaz Pardo
Por outra banda, o alcalde de Oroso felicitou á Deputación “por homenaxear a Isaac Díaz Pardo e darle o seu nome a este certame, onde que se conxuga as distintas facetas da arte moi ben representadas nesta mostra”. Neste sentido, Mirás Franqueira lembrou que dende o Concello de Oroso xa homenaxearon a Díaz Pardo “a comenzos de ano, adicándolle unha praza deste concello” e asegurou que “é un pracer inaugurar este certame contando de novo coa súa presenza aquí xa que Isaac Díaz Pardo xa forma parte do Concello de Oroso e da súa historia”.
Ao acto de inauguración desta mostra asistiron tamén o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Moreda; o alcalde de Brión, José Luis García; e o ilustre galeguista Isaac Díaz Pardo, así como membros da corporación municipal orosá.
A exposición coas obras do X Certame de artes plásticas “Isaac Díaz Pardo” poderá visitarse ata o 12 de maio. Está composta por 31 obras de diferentes tipos de manifestacións plásticas (pintura, escultura, deseño, imaxe), das que 21 foron adquiridas pola Deputación da Coruña para integrar o patrimonio artístico da institución e o resto foron seleccionadas para completar esta exposición itinerante que poderá contemplarse en Sigüeiro.
A acollida desta exposición coas obras dun certame que leva o nome de Isaac Díaz Pardo é especial para o Concello de Oroso, un persoeiro ao que este mesmo ano lle adicou a praza máis emblemática de Sigüeiro. Ademais, o Concello de Oroso ten en marcha unha campaña de recollida de sinaturas en apoio da figura de Isaac Díaz Pardo. Unha campaña na que xa asinaron centos de persoas e que solicita a intervención da Xunta para que o legado de Isaac Díaz Pardo, tanto individual como conxuntamente con Luis Seoane, sexa preservado e declarado patrimonio cultural.
Relación de obras
Os veciños e veciñas de Oroso poderán contemplar as seguintes obras que compoñen a exposición:
- María del Carmen Alonso Encinas (“A partir do Antepeito dos recordos”. Acuarela 100x120 cms.)
- Ana Cambeiro (Sen título. Augatinta 44x74 cms.)
- Víctor Casas (“Xente que fala”, gravado ao augaforte, augatinta e punta seca. 25 x 33 cms.)
- María Antonia Castro Patiño (Sen título. Aguatinta. 55x 38 cms.)
- Manuel Patinha (“Culler 2004”, aceiro inoxidable, 96x49x12 cms.)
- José Francisco Escudero (“Peixe”, talle directa en mármore. 30x70x20 cms.)
- Xavier Fernández Ríos (“Borrón e…”.Ferro e aceiro. 60x35x28 cms.)
- Héctor Francesch (“I love you”, acrílico sobre lenzo. 140x150 cms.)
- Alberto Gende Díaz (Sen título. Mixta sobre lenzo 162x130 cms.)
- Francisco Herbello (Sen título. Fotografía en branco e negro. Bromuro ao selenio 120x100 cms.)
- Julio Lago Carrera (Ou Con”, técnica mixta. 65x165 cms.)
- Ana Karina Lema Astray (“Sobrevoando o galiñeiro”, mixta sobre tela. 195x190 cms.)
- José Luis López Gómez “Gabú” (“Desafiante timidez”. Fotografía en lamba. 100x150 cms)
- Yolanda Martínez Dorda (“O estraño”, acrílico óleo sobre lenzo. 162x130 cms)
- María Meijide Fraga (“África para Samba”. Mixta sobre táboa. 100x100 cms)
- Jano Muñoz (“Neno chorando na praia”. Óleo sobre lenzo. 130x89 cms.)
- Isabel Pintado Palacio (“Misterio na distancia”. Mixta sobre lenzo. 100x100 cms)
- Juan Carlos Platis Cores (“Vivencias”. Mixta sobre táboa. 145x60 cms.)
- Francisco J. Rodríguez Remiseiro (“Cabeza asimétrica”. Talle en alabastro. 22x36x22 cms)
- Esteban Romero Alcalde (Sen título. Augatinta 55x38 cms)
- Enrique Saavedra López “Chicheri” (“O último prazo da hipoteca”. Ferro, figuriña de plástico. 16x39x16 cms)
- Jontxu Argibay (“Ou jandul”. Madeira policromada).
- Ángel Cerviño López (“Potlatch”.Mixta sobre lenzo)
- Ramón Conde Bermúdez (“Ola”. Escultura en bronce)
- Emilio Fernández Celeiro (“Sereas”. Escultura en bronce)
- José Juncosa Rivera (“Dique”. Mixta sobre lenzo)
- Ana Lamuño Vázquez (“Metrópoles”. Mixta)
- José Méndez Güenaga (Sen título. Madeira policromada, papel e arame)
- Simón Pacheco Mato (“Sobre o espazo”. Fotografía lambda entre aluminio e metacrilato.
- Ana Santiso Villar (“Quero, logo penso, logo non quero”. Mixta)
- Malgorzata “Gosia” Trebacz (“Casablanca 02”. Mixta sobre madeira).
A exposición estará aberta de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.