O Concello de Oroso promociona a XII Festa da Troita cunha desgustación gratuita de empanada de troita en Expo Ordes.
A degustación terá lugar na mañá do domingo 27 de abril no stand co Concello de Oroso.
O Concello de Oroso asistirá esta fin de semá a Expo Ordes cunha caseta na que fará promoción das moitas excelencias do municipio e, en concreto, da XII Festa da Troita, que terá lugar entre o venres 2 e o domingo 4 de maio. Unha caseta na que se ofrecerá unha degustación gratuita de empanada de troita durante a mañá do domingo 27 de abril, xusto antes da visita de autoridades ao Recinto Feiral, que terá lugar ás 13:00 horas.
Neste stand, as preto de 30.000 persoas que asistirán a Expo Ordes durante esta fin de semá poderán obter información turística sobre o municipio, que estará representado de xeito visual con paneis de fotografías dos espazos culturais, da gastronomía ou das actividades realizadas en Oroso ao longo dos últimos meses. Uns visitantes que poderán coñecer de primeira man toda a información sobre o amplo programa de actividades da Festa da Troita e do Concurso de Pesca, que terán lugar o vindeiro fin de semá en Sigüeiro.
|
| Autoridades durante a degustación da empanada de troita no stand do Concello de Oroso |