eduardo veiras

A piscina municipal de Sigüeiro abrirá as súas portas o luns 1 de xuño.


O Concello de Oroso abriu hoxe o prazo para solicitar ou renovar os carnés de abonado.

A piscina municipal de Sigüeiro abrirá as súas portas para a campaña de verán o vindeiro luns 2 de xuño. Unhas instalacións que abrirán en horario de once da mañá ata as nove da tarde e para os que hoxe se abriu o prazo para solicitar ou renovar os carnés de abonado, sendo requisito indispensable estar empadroado en Oroso.

No que atinxe aos prezos dos carnés, para os nenos e nenas de ata tres anos serán de balde, os mozos e mozas entre 4 e 16 anos deberán aboar 12 euros e os maiores de 16 anos terán que pagar 20 euros. Este carné dá dereito á participación gratuíta nos cursos de natación que organice o Concello de Oroso.

A veciñanza interesada en solicitar estes carnés de abonado deben dirixirse ao Centro Cultural Fernando Casas e Novoa. Terán que presentar unha fotocopia do DNI, xustificante de pagamento das taxas correspondentes e, se fose o caso, título de familia numerosa (xa que poden acceder a un desconto do 50% a partir do terceiro membro da unidade familiar). No caso das renovacións, tan só será preciso entregar o vello carné xunto co xustificante de pagamento para poder actualizalo.

Durante 2007 a piscina municipal de Sigüeiro contou con 350 abonados, que utilizaron un novo carné dixital único para varios servizos municipais, como a piscina e a biblioteca. Durante a tempada de verán, a piscina rexistra unha media de cen usuarios, que teñen que respectar unhas normas básicas de funcionamento como a obrigatoriedade do uso de gorro e de chancletas na zona de baño. Ademais, dende o Concello recomendan tamén o uso de gafas de natación.