eduardo veiras

O Concello de Oroso homenaxea mañá sábado a plantilla do Sigüiro C.F. polo seu ascenso a segunda rexional.


O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, recibirá a todo o plantel ás 13:00 horas na Casa do Concello.

O Concello de Oroso fará mañá unha homenaxe ao plantel do Sigüeiro CF para celebrar o seu ascenso a Segunda Rexional. Un acto que estará presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e ao que asistirán tamén o concelleiro de Deportes, Eduardo Veiras, e o presidente do Sigüeiro CF, Marcial Iglesias.

A recepción ao Sigüeiro CF terá lugar mañá sábado, ás 13:00 horas, na Casa do Concello de Oroso, ubicada na praza Isaac Díaz Pardo (Sigüeiro).