eduardo veiras

O Concello de Oroso homenaxea ao plantel do Sigüeiro C.F. polo seu ascenso a segunda rexional.


Manuel Mirás amosou o apoio do Concello para conseguir ter un equipo en Preferente nun prazo de cinco anos.

sigüeiro c.f. O Concello de Oroso fixo esta mañá unha homenaxe aos xogadores e plantel técnico do Sigüeiro CF en recoñecemento ao seu ascenso a Segunda Rexional. Un acto no que o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, fíxolle entrega dunha placa conmemorativa deste ascenso ao presidente do Sigüeiro CF, Marcial Iglesias.

Manuel Mirás asegurou que o Concello de Oroso implicarase todavía máis para conseguir o obxectivo de “contar cun equipo en Preferente nun prazo de catro ou cinco anos”. Así mesmo, Mirás Franqueira pedíu a implicación do Sigüeiro CF para “aproveitar sinerxias” coas escolas deportivas do municipio, que poderían surtir de xogadores ao conxunto da capital de Oroso. Un punto no que tamén incidíu o concelleiro de Deportes, Eduardo Veiras, quen animou aos xogadores do Sigüeiro CF a “non quedar aí”, na Segunda Rexional, e a seguir ascendendo categorías converténdose nun referente para os alumnos das escolas deportivas municipais.

Pola súa banda, o presidente do Sigüeiro CF, Marcial Iglesias, agradeceu a boa colaboración amosada polo Concello de Oroso e mostrouse moi satisfeito polo ascenso conseguido despois duns anos moi duros. Así mesmo, anunciou a intención de constituir un segundo equipo.

sigüeiro c.f.