eduardo veiras

O alcalde de Oroso asistirá á festa fin de tempada da E.D. Xuventude Oroso.


Terá lugar este sábado 14 de xuño, ás 14:00 horas, no pavillón municipal de deportes de Sigüeiro e participarán os 160 rapaces que integran as escolas deportivas de fútbol e tenis de mesa.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Eduardo Veiras, asistirán este sábado 14 de xuño á festa de fin de tempada da E.D. Xuventude Oroso. Unha celebración que terá lugar no pavillón municipal de deportes de Sigüeiro a partir das 14:00 horas.

A este xantar de confraternidade están invitados os 160 rapaces que integran a E.D. Xuventude Oroso nas modalidades de fútbol e tenis de mesa. Un acto no que o presidente da E.D. Xuventude Oroso, Luis Rey Villaverde, fará entrega dun agasallo aos 120 rapaces que participaron nos conxuntos de fútbol e aos 40 rapaces que fixeron o propio nos equipos de tenis de mesa. Así mesmo, a escola deportiva fará entrega de recordos e mencións especiais para as distintas empresas e entidades que, como o Concello de Oroso, colaboran con este proxecto deportivo.