Manuel Mirás presenta este sábado en Sigüeiro a novela "El Tesoro Oculto", da xoven Tania Carro.
A rapaza, de 15 anos de idade e estudiante do IES de Oroso, traballa na segunda parte desta triloxía.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, presentará este sábado a novela “El Tesoro oculto”, da xoven escritora orosá Tania Carro Carbia, de quince anos de idade e estudiante no IES de Oroso. Unha presentación que terá lugar no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, ás 20:00 horas, e á que asistirán familiares e amigos desta xoven escritora.
“El tesoro oculto”, editada por Eride Editorial, é a primeira parte dunha triloxía na que está a traballar esta xoven veciña de Oroso, que comezou a escribir con tan só 11 anos de idade e que na actualidade se atopa redactando o segundo libro.
“El tesoro oculto” conta a historia de Caroline, unha nena suiza con avós galegos, que viaxa a Galicia e descubre múltiples segredos sobre a súa familia, entre eles a existencia dun tesouro familiar que a levará a situacións extremas en numerosas viaxes por toda España. Consta de 25 capítulos que foron editados por Eride Editorial, empresa á que os pais de Tania decidiron enviar o escrito da súa filla despois de que gañara un concurso de redacción en Oroso.