eduardo veiras

Oroso clausura este xoves os cursos de natación 2008 cunha gran festa na piscina.


O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Eduardo Veiras, entregarán os diplomas de asistencia aos 150 participantes.

A piscina municipal de Sigüeiro acollerá mañá xoves, 31 de xullo, a festa de clausura dos Cursos de Natación 2008, celebrados durante este mes de xullo e nos que participaron un total de 150 persoas, entre nenos e adultos. Dende a Concellería de Deportes destacan especialmente o incremento de participantes rexistrado este ano, xa que houbo 63 participantes máis ca en 2007.

Para celebrar esta última xornada do mes, o Concello de Oroso ten programado unha gran festa de animación con inchables, pinchos e refrescos que dará comezo ás 11:00 horas. Ás 13:00 horas, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Eduardo Veiras, farán entrega dos diplomas de participación nestes cursos de natación e dun pequeno agasallo para todos os participantes. Para facilitar a asistencia dos máis pequenos, o Concello de Oroso porá á súa disposición un servizo gratuito de autobús que os levarás ás súas casas ao remate da festa, a iso das 13:30 horas.

Os cursos da piscina municipal de Oroso impartíronse durante este mes de xullo, en horario de mañá para nenos de 4 a 16 anos e en horario de tarde para os mairoes de 16 anos. Tres monitores titulados foron os encargados de impartir os distintos cursos na piscina municipal, nas modalidades de iniciación e perfecionamento.