Dezaseis veciños participaron en Deixebre no I Torneo de Tenis do Concello de Oroso.
O Concello de Oroso colaborou na organización deste torneo, que gañou Víctor Garabato, veciño de Deixebre.
Un total de 16 persoas, todos eles homes pero de idades moi variadas, participaron esta fin de semana no primeiro Torneo de Tenis do Concello de Oroso, celebrado en Deixebre. Precisamente, dous veciños desta parroquia, Carlos Grela e Víctor Garabato, foron quen chegaron á gran final, á que asistiron máis de cincuenta veciños e veciñas de Deixebre. A vitoria final foi para Víctor Garabato, por dous sets a un (7-5/3-6/6-3), nun apertado final.
Este torneo xurdiu da man dun veciño de Deixebre, Marcos Veiras, que o puxo en marcha coa colaboración tanto do Concello de Oroso como de moitos veciños da parroquia, que colaboraron tanto na organización do campionato como no bo desenvolvemento deste.