eduardo veiras

O Concello de Oroso levará a 50 rapaces ao Aquapark de Cerceda.


Xa está aberto o prazo de inscrición desta excursión que poderán facer rapaces maiores de 8 anos.

Aquapark O Concello de Oroso programa esta excursión, que se organiza por primeira vez, coa colaboración do Concello de Cerceda. Un total de 50 nenos poderán viaxar ao parque acuático de Cerceda o día 19 de agosto para pasar un día lúdico festivo no Aquapark desta vila.

Tódolos rapaces e rapazas de Oroso, maiores de 8 anos, que estean interesados en participar teñen ata o xoves 14 de agosto de prazo para inscribirense no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa. A inscrición é totalmente de balde e ata o momento xa hai 32 prazas cubertas.

Os nenos irán acompañados por 5 monitores de tempo libre perfectamente cualificados que atenderán todas as necesidades dos rapaces. A estadía será dende as 12 horas ata as 18 horas. Dende o Concello de Oroso aconsellan que os nenos leven comida, protección solar e calzado e roupa cómoda.