Concurso de Disfraces Oroso 2008.
Bases:
As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2008 son:
PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.
SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2008 terá lugar o sábado día 2 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h horas cun desfile de tódolos participantes polas rúas de Sigüeiro.
TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:
- 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
- 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)
CUARTA:
O prazo de inscripción exténdese dende o día 17 de xaneiro ata as 17:30 horas do sábado 2 de febreiro.
A inscripción formalizarase nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa ou chamando ó número de teléfono 981690903 ata ás 14.00 horas do día 1 de febreiro e o propio día do Concurso de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón Municipal.
QUINTA: PREMIOS:
- MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
- Gañador: 220 euros
- Finalista: 150 euros
- MODALIDADE INDIVIDUAL.
- Gañador: 180 euros
- Finalista: 120 euros
- PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€
SEXTA:
Será obligatorio participar no desfile que saíra do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine si se suspende ou non o mesmo por causas axenas o mesmo (como poden ser as condicións metereolóxicas).
SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquer premio se a xuizo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.
OITAVA:
A entrega de premios para tódalas modalidades efectuarase con posterioridade ó Concurso, previa presentación de Certificación bancaria nas dependencias municipais.
NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aproba-lo gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.