eduardo veiras

Concurso de Máscaras Oroso 2008.


Bases:

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras Oroso 2008 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo dúas categorías unha delas, sería a categoría infantil (dende os 9 anos os 15) e categoría de adultos na que se inclúen os maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa foran premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
As máscaras deberán estar adaptadas ó tamaño dunha cara humana e cubrir o rostro completamente, podendo, no seu caso sobresalir adornos, accesorios, ect. As máscaras tipo antifaz, serán admitidas no concurso sempre e cando cubran dende o labio superior ata a frente.

SETIMA:
Os materiais para a realización da estructura base poderán ser de tres tipos:

  • a) Calquer material derivado do papel (papal maché, cartón pedra ou cartón fallero, cartulinas, técnicas mixtas derivadas do papel etc.).
  • b) Vendas de escaiola
  • c) Combinacións que poidan surxir entre as técnicas citadas no apartado a e b (papel e escaiola). Na categoría de adultos, non se aceptarán máscaras nas cales a base esté realizada con materiais plásticos.

OITAVA:
A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, según as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DÉCIMA:
Aceptarase como máximo unha máscara por participante.

DÉCIMA PRIMEIRA:
Os concursantes presentarán as súas máscaras no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:30h. e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 30 de xaneiro de 2008, antes das 14:00h.

DÉCIMA SEGUNDA:
Requerirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre cerrado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra, nome do artista e un lema ou frase que explique a idea que inspirou a obra. Todo escrito no dorso de dita fotografía (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA:
O día 2 de febreiro, ás 19.00h. , celebrarase un acto de entrega de premios, ó cal poderán asistir tódolos participantes e o público en xeral, estan invitados.

DÉCIMO CUARTA:
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa do 4 ó 18 de febreiro no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, con previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 18 de febreiro non se houberan retirado, entenderase que os seus autores renuncian a súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruilas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA:
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riesgos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega hasta a devolución das mesmas

DÉCIMO SETIMA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoría Infantil:
    • Gañador: unha Nintendo
    • Finalista: un MP3
  • Categoría Adultos:
    • Gañador: unha Fin de semana nunca casa rural
    • Finalista: cena para dúas persoas nun restaurante do Concello

DÉCIMO OITAVA
No caso de que o gañador ou finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO NOVENA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.