eduardo veiras

Concurso de Máscaras Oroso 2008.


Nesta 3ª edición duplicouse o número de participantes, cuias máscaras estarán expostas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa.

O xurado da Terceira edición do Concurso de Máscaras do Concello de Oroso vén de facer públicos esta mañán os nomes dos gañadores do certame, cuios premios serán entregados este sábado 2 de febreiro durante a gran festa de disfraces que terá lugar no pavillón polideportivo de Sigüeiro.

A gañadora da categoría infantil foi Tania Sueiras Martínez, de 12 anos, que recibirá unha Nintendo DS. Á finalista desta categoría, María Motrel Cacho, de 10 anos, entregaráselle un reproductor MP4. Na categoría de adultos, a gañadora foi Andrea Ben Balado, que disfrutará dunha fin de semán para dúas persoas na casa rural Casa de de Trillo (Muxía). A finalista desta categoría, Guadalupe García Ferreiro, levará unha cea para dúas persoas no restaurante Mariñaos.

Nesta terceira edición do Concurso de Máscaras do Concello de Oroso participaron un total de vinte veciños, trece máis ca no ano anterior. As máscaras estarán expostas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa durante os vindieros días.

Co faio do Concurso de Máscaras ábrese o programa de Entroido do Concello de Oroso, que inclúe unha gran festa de disfraces no pavillón polideportivo de Sigüeiro na tarde do sábado 2 de febreiro. A cita é ás 18:00 horas cun pasarrúas por Sigüeiro con insectos xigantes. Despois terá lugar unha festa de disfraces dirixida especialmente aos máis pequenos da casa con inchables, obradoiros e moitas sorpresas para tódolos participantes, como unha degustación de productos tan típicos destas datas como son as orellas e as filloas. Asemade, celebrarase o tradicional Concurso de Disfraces e entregaranse os premios do Concurso de Máscaras.