eduardo veiras

Exposición da Memoria Histórica. (da Segunda República aos "Foucellas")

memoria historica




Programa de actos

Mércores, 16 de xaneiro ás 20:00 h

Inauguración da Praza "ISAAC DÍAZ PARDO" en Sigüeiro (Antiga Praza do Concello), con presenza do homenaxeado, das autoridades da Mancomunidade, do Concello de Oroso e doutras Institucións convidadas.

Acto organizado polo Concello de Oroso.

Mércores, 16 de xaneiro ás 20:30 h

Inauguración da EXPOSICIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA no Centro Cultural "Fernando Casas e Novoa" de Sigüeiro.

Preside o acto: D. Miguel Prado Patiño, Presidente da Mancomunidade.
Presenta: D. Manuel Mirás Franqueira, Alcalde do Concello de Oroso.

  • Conferencia de D. Xesús Alonso Montero
    "As Misións Pedagóxicas na Segunda República"
  • Testemuña Oral de D. Isaac Díaz Pardo
    "Da Segunda República á Ditadura Franquista".

Durante a exposición poderanse ver e escoitar continuamente diversos documentos da época: "NO-DO", carteis da Guerra Civil, cancións, etc.

Mércores, 23 de xaneiro ás 20:30 h

  • Conferencia de D. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
    "Galiza na II República ou o avance do progreso e a identidade nacional"
  • Testemuña Oral de D. Avelino Pousa Antelo
    "O Galeguismo nos tempos da Segunda República".
  • Conferencia de D. Bernardo Máiz Vázquez
    "As leis franquistas e a realidade cotiá".

Preside o acto: D. Eduardo Veiras Rey, Concelleiro de Cultura do Concello de Oroso.
Presenta: D. Xosé Manuel Pérez Penas, Tenente de Alcalde do Concello de Oroso.

Mércores, 30 de xaneiro ás 20:30 h

  • Conferencia de D. Manuel Pazos Gómez
    "Represión e mortes violentas na Comarca de Ordes (1936-1952)"
  • Conferencia de D. Xosé Luis Rivas "Mini"
    "Boimorto: Memoria dun Silencio"
  • Clausura da Exposición coa actuación musical de Mini e Merodo grupo "A Quenlla".

Preside o acto: D. Miguel Prado Patiño, Presidente da Mancomunidade.
Presenta: D. Manuel Mirás Franqueira, Alcalde do Concello de Oroso.




Organiza

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes

organiza memoria historica

Patrocina

patrocina memoria historica

Colaboran

colaboran memoria historica