vanesa reboredo

O Concello de Oroso organiza un curso gratuito de escaparatismo.


Terá unha duración de 50 horas e está dirixido a comerciantes do municipio

O Concello de Oroso organiza un curso gratuito de escaparatismo dirixido especialmente aos comerciantes do municipio. O curso, organizado pola Concellería de Comercio do Concello de Oroso en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Comarcal de Ordes, terá unha duración de cincuenta horas.

O Concello de Oroso facilitará as instalacións para o desenvolvemento deste curso e buscará o horario máis axeitado posible para acadar unha maior participación. Todas as persoas interesadas en participar poden face-la preinscrición no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa (Sigüeiro) en horario de mañán.

A concelleira de Comercio, Vanessa Reboredo, asegura que “para que se poida levar a cabo o curso deben apuntarse un mínimo de quince participantes” e apunta que “no caso de que non se cubra con persoas de Oroso, abrirase tamén a xentes doutros concellos”. Este curso de escaparatismo é unha iniciativa incluida dentro do Programa Leader +.