vanesa reboredo

Manuel Mirás inaugurará a I Feira de Mostras, que se celebrará en Sigüeiro o 1 e 2 de marzo.


O acto terá lugar este sábado ás 12:00, no pavillón municipal de Sigüeiro.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, inaugurará mañán sábado, 1 de marzo, ás 12:00 horas, a primeira edición da Feira de Mostras de Oroso, unha iniciativa que busca contribuir á dinamización do sector comercial do municipio. Esta I Feira de Mostras celebrarase no pavillón municipal de deportes de Sigüeiro durante esta fin de semán. A Feira de Mostras está organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Oroso (ACES) e conta coa colaboración do Concello de Oroso