vanesa reboredo

Rapaces e rapazas de Oroso recollen contos e lendas do municipio nun blog de internet.


Os concelleiros Vanessa Reboredo e Xosé Manuel Pérez entregaron os premios do primeiro concurso de contos lendas e realidades do municipio.

Blog IES Dez rapaces e rapazas do IES de Oroso participaron no primeiro concurso de contos, lendas e realidades do concello de Oroso. Un concurso no que “os pequenos contaron unha lenda, un conto ou unha historia relacionada cos costumes tradicionais do concello que conseguiron falando cos seus veciños ou cos seus avós”, explica a concelleira de Educación, Vanessa Reboredo.

Os traballos presentados están publicados poden consultarse na páxina web http://www.blogoteca.com/iesdeoroso/, xa que os participantes participaron tamén nun obradoiro de confección de blogs. Durante a entrega dos premios aos rapaces do IES, o primeiro tenente de alcalde, Xosé Manuel Pérez, animounos a seguir participando “nunha iniciativa que agardamos que se consolide nos vindeiros anos porque non é só facer unha homenaxe ao Día das Letras Galegas, senón tamén conservar e dar a coñecer ás novas xeracións esas historias nosas, da tradición do noso municipio”.

Entre outros temas, os rapaces escribiron relatos sobre temas misteriosos coma unha suposta besta que aterrorizaba aos veciños de Marzoa e unha lenda sobre o mal da “sombra dos mortos”, xunto a outros temas máis divertidos coma a existencia dun tesouro no castro de Recouso ou dunha autóctona versión da Santa Compaña.


>