XII Festa da Troita.
Queridos/as veciños e veciñas, En primeiro lugar quixera darvos a benvida a unha nova edición da Festa da Troita que este ano cumpre a súa XII edición. Ano tras ano, estase a converter nunha cita para todos e todas, nun lugar de encontro onde veciños, veciñas, familiares, visitantes e xentes doutros lugares chegan cada vez en maior número a Sigüeiro, capitalidade do concello de Oroso, lugar no que desde hai moitos anos a troita é entre os peixes do río a verdadeira raíña. Pasaron milleiros de persoas para gozar da súa captura e tamén a degustala nos restaurantes, bares e tabernas daquela época como A Cantina, Liñares, Vda. De Nouche, Miras e un longo etc., algúns deles aínda hoxe seguen preparando este exquisito manxar, que agora ve aumentado o seu éxito coa empanada de troita preparada nalgúns locais do concello de Oroso.
Ano tras ano, como non pode ser doutra maneira, o reto vai en aumento, sendo este unha responsabilidade que asumimos con grande enteireza e satisfacción, e o mesmo tempo fainos ser máis esixentes coa súa programación e actividades. Queremos ofertar actividades para todos e todas, onde a familia siga a xogar un papel determinante na festa, onde as xentes que nos visitan se sintan a gusto entre nós e repitan ano tras ano, e ao mesmo tempo poidan comprobar a amabilidade da nosa xente e gozar do noso concello e do seu enorme potencial.
Esta edición da Festa da Troita contará con novas e numerosas novidades como podedes ver na programación, e que desexamos sexan do agrado de todos e todas. Ao xa tradicional Concurso de Pesca e degustación das troitas súmanse ás Exposicións de Coches e Motos Antigas, o Mercado da Historia, aumentamos a programación infantil e cultural e incluímos unha maior actividade musical, tanto na rúa como nos concertos e festivais.
En resumen, queremos unha Festa da Troita cuns eventos cheos de contido e calidade, nos que compartir momentos de diversión e lecer, onde poidamos sentirnos a gusto e se converta nese lugar de encontro que todos e todas desexamos, este é o grande obxectivo que esta corporación que presido quere ofrecer os nosos/as veciños/as e visitantes. A todos desexo en nome do Concello de Oroso unha boa Festa da Troita na compaña dos máis queridos.
Programa da Festa
- 22:00 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO
- Orquestra Olimpus
- Orquestra Panorama
Lugar: Esplanada da Piscina
- 10:30 horas: Bombas de palenque
- 10:30 horas: Actuacións e pasarúas: Charanga Ruada, Gaiteiros Os Viqueiras
- 12:00 horas: Inauguración Exposición de
Coches de Época e Motos Antigas.
Mercado da Historia:
- Talleres artesáns
- Área infantil e xogos de época
- Actuacións de rúa
Haberá unha degustación de empanada de troita.
Lugar: Esplanada da Piscina / Praza de Isaac Díaz Pardo - 16:00 horas: Concentración de Motos.
- 16:30 horas: Mercado da Historia
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo - 17:30 horas: PROGRAMACIÓN INFANTIL: Monicreques
Cachirulo. "Pinocho".
Lugar: Praza de Alexandre Bóveda - 18:00 horas: Pasarrúas Gaiteiros: Charanga Ruada, Gaiteiros Os Viqueira.
- 19:00 horas: Sorteo dos tramos de pesca.
Lugar: Casa do Concello - 21:30 horas: Programación nocturna
FESTIVAL OROSO EN VIVO:
- Orquestra Fania
- Orquestra Bambola
Fogos nocturnos
Lugar: Esplanada da Piscina
- 08:00 horas: Traslado de pescadores aos tramos
- 09:00 horas: Comezo do Concurso de Pesca
- 10:30 horas: Bombas de palenque. Charanga N.B.A., Charanga Apeles, Gaiteiros Os Viqueiras.
- 11:00 horas: Exposición de Coches de Época e
Motos Antigas.
Mercado da Historia. - 12:00 horas: Degustación de troitas.
- 13:00 horas: Concentración de Conches Clásicos
Lugar: Rúa Lengüelle, Praza de Isaac Díaz Pardo. - 13:30 horas: Pregón a cargo de Patricia
Vázquez e Isi (Air Galicia, TVG)
Entrega de premios e trofeos do Concurso de Pesca.
Lugar: Esplanada da Piscina. - 14:15 horas: Sesión Vermú: Orquestra Marbella
- 14:30 horas: Comida Popular a cargo do
Restaurante "A Magdalena"
Lugar: Pavillón de Deportes. - 16:00 horas: Pasarrúas e Charangas: Charanga N.B.A., Charanga Apeles, Gaiteiros Os Viqueiras e Actuación de Rúa.
- 16:00 horas: Concentración de Conches Clásicos
Lugar: Rúa Lengüelle, Praza de Isaac Díaz Pardo, Praza de Alexandre Bóveda. - 16:30 horas: Mercado da Historia: Talleres artesáns, Área infantil e xogos de época, Actuacións de rúa.
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo. - 17:30 horas: PROGRAMACIÓN INFANTIL:
- Festival Musical Infantil: "Mamacabra"
Lugar: Praza de Alexandre Bóveda. - 19:00 horas: Festival Folclórico:
- Axóuxere de Ordes (Folk)
- Buxos Verdes de Senra
- Lembranzas do Tambre de Sigüeiro
Lugar: Praza de Alexandre Bóveda. - 21:00 horas: Verbena:
- Orquestra Marbella
Lugar: Esplanada da Piscina.
En caso de mal tempo as programacións infantís e o festival folclórico trasladaránse á carpa da Esplanada da Piscina.
XII Concurso de Pesca