vanesa reboredo

Centro de atención a primeira infancia.

Prazos.

 PRAZOS AULA 1-2 e 2-3 ANOS
 PROCEDEMENTO  PRAZOS
  - Solicitude de renovación de praza   do 1 ó 9 de marzo
  - Oferta de prazas para nova ocupación   do 10 ó 14 de marzo
  - Solicitudes de novo ingreso   20 días naturais a partires da oferta
  (do 15 de marzo ó 3 de abril)
  - Publicación da lista provisional   do 3 ó 15 de abril
  - Publicación da lista definitiva   1ª semana de xuño
  - Formalización da matrícula   ata o 30 de xuño

 PRAZOS AULA 0-1 ANOS
 PROCEDEMENTO  PRAZOS
  - Oferta de prazas para nova ocupación   do 10 ó 14 de marzo
  - Solicitudes de novo ingreso   do 15 de marzo ó 31 de maio
  - Publicación da lista provisional   do 1 ó 9 de xuño
  - Publicación da lista definitiva   1ª semana de xullo
  - Formalización da matrícula   ata o 31 de xullo

Información do Centro de atención a primeira infancia.

Comezou a andadura e a posta en funcionamento do servizo público do Centro de Atención á 1ª Infancia do Concello de Oroso en outubro de 2.002, fai casi xa dous anos, para ter matriculados á fin do curso un total de 54 nenos e a escola funcionando a pleno rendemento.

Coa apertura e establecemento deste servizo público por parte do Concello preténdese unha política de conciliación da vida laboral e familiar, considerando o tipo de poboación nova que habita neste municipio.

Polo que respecta a organización e prestación deste servizo, presenta as seguintes características :

  • O servizo do Centro de Atención á 1ª Infancia do Concello de Oroso está aberto os doce meses do ano, comezando o curso en setembro do ano correspondente, cun horario de 8:00 horas a 20:00 horas.
  • Os nenos divídense en tres grupos en idades comprendidas entre (0-1 anos), (1-2 anos) e (2-3 anos).
  • A prestación deste servizo implica a prestación do servizo de comedor, coa elaboración duns menús que pretenden unha alimentación sa e equilibrada para os nenos.
  • Os horarios de traballo e actividades cos rapaces distribuíronse no primeiro ano de andaina deste servizo público do xeito seguinte:

  AULA 1 ANO AULA 1-2 ANOS AULA 2-3 ANOS
TRABALLO AULA 10:00 - 11:00 11:00 - 12:00 10:00 - 11:00
INGLÉS 12:00 - 13:00 10:00 - 11:00 11:00 - 12:00
XOGOS 11:00 - 12:00 12:00 - 13:00 12:00 - 13:00
 
COMIDAS 13:00 13:00 13:00
 
TRABALLO AULA 16:00 - 17:00 16:00 - 17:00 16:00 - 17:00
MERENDAS 17:00 17:00 17:00
XOGOS 18:00 - 20:00 18:00 - 20:00 18:00 - 20:00

  • O Centro de Atención á 1ª Infancia do Concello de Oroso, permanecerá aberto durante o mes de agosto co mesmo horario de apertura e peche.