Bases da Liga de fútbol sala do Concello de Oroso.
Primeira.- Características da competición
Esta competición é de carácter amistoso, a organización corre a cargo da Concellería de Xuventude e Deportes de Oroso e na mesma poderán participar equipos que representen as distintas parroquias ou lugares de Oroso.
Segunda.- Obxectivo
O obxetivo fundamental desta liga é ofrecer a tódolos veciños de Oroso a posibilidade de practicar deporte e promover o mesmo tempo boas relacións entre todos.
Terceira.- Os xogadores
- Poderanse inscribir un máximo de doce xogadores e un mínimo de oito, pero só se permitirá fichar a dous xogadores que non estén empadroados en Oroso.
- Tamén se poderán fichar xogadores que residan na parroquia de Barciela ou que traballen en empresas con domicilio neste concello.
Cuarta.- Fichaxes
Durante a liga poderanse fichar un máximo de tres xogadores sempre que sexa antes do 15 de abril de 2008
Quinta.- Documentación
- O prazo de inscrición comprenderá dende o 11 de xaneiro ata o 25 do mesmo mes.
- O límite de equipos é de 18, entrando por estricto orden de presentación de solicitudes correctas.
- Cada xogador fará un seguro de accidentes que cubra os riscos da competición, abonando na conta:
2091 0341 89 3040013718 DE CAIXA GALICIA ( 35 € ). En caso de lesión terá que acudirse ao Policlínico da Rosaleda - Cada xogador deberá entregar unha fotocopia do seu DNI, o xustificante bancario de pago das mutuas e unha foto para poder tramitar a súa ficha correspondente.
- Os xogadores que traballen en empresas con domicilio neste concello ou residan na parroquia de Baricela deberán acreditalo.
- Un xogador fará as funcións de delegado do equipo e colaborará coa organización.
- Será necesario ter cumpridos os 16 anos para poder participar nesta competición.
Sexta.- Arbitraxes
Contase co arbitraxe que designe a "Agrupación de Veteranos de Fútbol de Santiago" e serán estes os encargados de aplicar o regulamento deportivo.
Sétima.- Clasificación
Os equipos clasificados nos oito primeiros postos disputarán os cuartos de final, xogando primeiro contra oitavo, segundo contra sétimo......., a partido único, os gañadores dos encontros xogarán a correspondente final.
Oitava.- Calendario
O calendario de xogo será o establecido pola organización, (de luns a venres e de 21:00 a 23:15), os equipos que non se presenten, perderán o encontro e aplicaráselle o regulamento que estableza o comité de árbitros da agrupación. Non se aprazarán nin se cambiarán as datas de competición a non ser por causas que a organización determine como moi xustificadas, (non serán causas xustificables, motivos laborais nin coincidencias con outras competicións).
Novena.- Deportividade
Dado o carácter amistoso desta liga a organización pide os equipos que actúen coa máxima deportividade, respecto ós xogadores dos outros equipos e sobre todo respecto ós árbitros xa que eles só veñen a cumprir co seu traballo, deste xeito o comité de árbitros evitará ter que sancionar.
Décima.- Normas finais
- O feito de participar no campionato, implica o coñecemento e aceptación por tódolos participantes das presentes bases; motivo polo cal non poderán impugnarse unha vez formalizada a inscrición.
- Os órganos competentes, en cada caso, quedarán facultados para resolvelas dubidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para o bo orden da competición, en todo o previsto nestas Bases.