novas

O pleno de Oroso dará o primeiro paso de cara á construcción dun camposanto en Marzoa.

O pleno aprobará a resolución do expediente incoado para a cesión da parcela para a construcción do novo centro de saúde en Sigüeiro.

O Pleno de Oroso dará mañán xoves, ás 19:00 horas, o primeiro paso de cara á construcción dun camposanto na parroquia de Marzoa. Para satisfacer a petición dos veciños de Marzoa, o Concello de Oroso decidíu realizar un cambio de uso da parcela afectada, a número 87 do polígono 14 do catastro de rústica de Oroso, que pasará de uso dotacional deportivo a uso dotacional sanitario. “Deste xeito poderemos dar resposta a unha necesidade plantexada polos veciños de Marzoa”, explica o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Asimesmo, o pleno de Oroso resolverá o expediente incoado para a cesión ao SERGAS dunha parcela para a construcción dun novo centro de saúde en Sigüeiro. Trátase dunha parcela de 3.185 metros cadrados ubicada preto do centro de saúde actual e que o Plan Xeral de Ordenación Municipal reservaba para este fin (concretamente é a parcela número 7 do plano de adxudicación das parcelas resultantes do Proxecto de Compensación da Área de Reparto número 1, “Río Carboeiro”, polígono 1). Finalmente, o pleno municipal debaterá unha actualización do Regulamento do servizo de verquidos á rede de sumidoiros