Saúda
Como alcalde de Oroso quero dárvo-la benvida a esta páxina web, que pretendemos que sexa un lugar de encontro para tódolos veciños e veciñas e que permita dar a coñece-lo noso fermoso municipio aos internautas que nos visiten dende calquera parte do mundo.
Non en van, Oroso é unha terra privilexiada, regada por seis fermosos ríos e dotada dunha riqueza paisaxística inmensa que a converten nun lugar ideal de lecer e de visita obrigada para tódolos amantes da natureza. Dispoñemos, ademais, dun rico patrimonio cultural que inclúe monumentos megalíticos de máis de 4.000 anos de antigüidade, castros do século IV a.C, pazos, muiños, igrexas barrocas e neoclásicas… Unha riqueza que poderedes comprobar por vos mesmos nestas páxinas.
A través desta web atoparedes toda a información que precisedes para estar ao día do que acontece no voso municipio. Ademais, e coa vista posta no futuro, utilizaremos estas novas tecnoloxías para facilitarvos o máis posible todas aquelas xestións que teñades que facer co Concello, coa idea posta nunha futura tramitación máis áxil e cómoda a través de Internet.
Contamos coa túa participación para que Oroso sega medrando.
Coordialmente,
Manuel Mirás Franqueira