Sesión Extraordinaria de constitución da nova corporación. 16 de xuño de 2007.
- Formación da Mesa de Idade. A Mesa de Idade estivo presidida por Carlos Noya Fernández, de 58 anos, por se-lo concelleiro electo de maior idade. Estivo acompañado por Monserrat Viqueira Neira, de 25 anos, como concelleira electa de menor idade, e por Dalmiro Núñez Méndez, secretario da Corporación, que deu lectura dos nomes e apelidos dos concelleiros electos, cuias credenciais foron comprobadas polos membros da Mesa de Idade.
- Constitución da Corporación. Realizadas as operacións anteriores, a Mesa de Idade declarou constituída a Corporación do xeito seguinte:
- Manuel Mirás Franqueira (PSG-PSOE)
- Vanessa Reboredo Fraga (PSG-PSOE)
- Eduardo Veiras Rey (PSG-PSOE)
- María del Carmen Liste Raña (PSG-PSOE)
- Xosé María Castro Rial (PSG-PSOE)
- Xosé Jaime Carneiro Uzal (PSG-PSOE)
- Carlos Noya Fernández (TEGA)
- Gloria Martínez Vidal (TEGA)
- Manuel Siverio Mirás Liñares (PG)
- Montserrat Viqueira Neira (PG)
- María José Mira Martínez (PP)
- Silvia María Santos Fraga (PP)
- José Manuel Pérez Penas (BNG)
Tódolos concelleiros prometeron os seus cargos dacordo coa fórmula: “prometo pola miña conciencia e honor cumprir fielmente as obrigas do cargo de concelleiro, con lealdade a El Rei, gardando e facendo gardar a Constitución como norma fundamental do Estado”. Unha vez cumprimentada a promesa, os concelleiros adquiriron a plena condición dos seus cargos.
- Elección e toma de posesión do Alcalde-Presidente da Corporación. Cinco concelleiros, un por cada lista electoral con representación, presentáronse como candidatos para alcalde. Efectuada a votación secreta e realizado o escrutinio, os resultados foron: Manuel Mirás Franqueira (7 votos), Carlos Noya Fernández (2 votos), María José Mira Martínez (2 votos), Manuel Siverio Mirás Liñares (2 votos) e José Manuel Pérez Penas (0 votos). Toda vez que o candidato do Partido Socialista obtivo a maioría absoluta en primeira votación, o presidente da Mesa de Idade proclamou Alcalde electo do Concello de Oroso a Manuel Mirás Franqueira.
O alcalde electo de Oroso dirixíu un saúdo aos concelleiros e ao público asistente á sesión de constitución e pedíu a súa colaboración para o cumprimento do obxectivos desta lexislatura.
Finalmente, o Secretario deu conta da Acta de Arqueo (691.534,29 euros) e do inventario do Patrimonio Municipal (6.417.570,67 euros).