pleno

Sesión Extraordinaria. 11 de xullo de 2007.


  1. O pleno municipal tomou coñecemento da constitución dos grupos políticos e da designación dos seus voceiros. Así, Vanesa Reboredo Fraga ocupa a portavocía do Partido Socialista, mentres que Xosé María Castro Rial é o viceportavoz. Como suplentes figuran Eduardo Veiras Rey, María del Carmen Liste Raña e José Jaime Carneiro Uzal. No caso de Terra Galega, o voceiro é Carlos Noya Fernández, sendo Gloria Martínez Vidal a súa suplente. Pola súa parte, o Partido Galeguista ten a Manuel Siverio Mirás Liñares coma portavoz, con Monserrat Viqueira Neira coma suplente. María José Mira Martínez ocupa a portavocía do Partido Popular, sendo Silvia María Santos Fraga a súa suplente. Finalmente, o voceiro do grupo mixto é o nacionalista Xosé Manuel Pérez Penas.
  2. Os concelleiros determinaron que a periodicidade das sesións do Pleno da Corporación. Será bimensual e desenvolveranse os últimos xoves de cada mes, ás 19:00 horas. Se ese día cadrase en festivo, a sesión tería lugar a véspera.
  3. Creación e composición das Comisións informativas. O Pleno acordou a composición de tres comisións informativas: de seguemento do PXOM, de asuntos do Pleno e unha comisión especial de contas. As súas sesións terán periodicidade bimensual e serán convocadas no día e hora que acorde o alcalde ou o presidente de cada comisión.

    A Comisión Informativa de Asuntos do Pleno está presidida por Vanesa Reboredo Fraga (PSOE) e a integran tamén María del Carmen Liste Raña e Eduardo Veiras Rey (PSOE), Gloria Martínez Vidal (TEGA), Manuel Siveiro Mirás Liñares (PG), María Xosé Mira Martínez (PP) e Xosé Manuel Pérez Penas (BNG). Como suplentes figuran Xosé Jaime Carneiro Uzal e Xosé María Castro Rial (PSOE), Carlos Noya Fernández (TEGA), Montserrat Viqueira Neira (PG) e Silvia María Santos Fraga (PP).

    A Comisión Informativa de Seguemento do Plan Xeral está presidida polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e dela tamén forman parte Eduardo Veiras Rey e Xosé María Castro Rial (PSOE), Carlos Noya Fernández (TEGA), Manuel Siveiro Mirás Liñares (PG), María Xosé Mira Martínez (PP) e Xosé Manuel Pérez Penas (BNG). Como suplentes figuran Xosé Jaime Carneiro Uzal e María del Carmen Liste Raña (PSOE), Gloria Martínez Vidal (TEGA), Montserrat Viqueira Neira (PG) e Silvia María Santos Fraga (PP).

    Finalmente, a Comisión Especial de Contas está presidida por Vanesa Reboredo Fraga e dela forman tamén parte Eduardo Veiras Rey e Jaime Carneiro Uzal (PSOE), Carlos Noya Fernández (TEGA), Manuel Siveiro Mirás Liñares (PG), María Xosé Mira Martínez (PP) e Xosé Manuel Pérez Penas (BNG). Na suplencia quedan: María del Carmen Liste Raña e Xosé María Castro Rial (PSOE), Gloria Martínez Vidal (TEGA), Montserrat Viqueira Neira (PG) e Silvia María Santos Fraga (PP).
  4. Nomeamento de representantes da Corporación nos órganos colexiados nos que deba estar representada. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, representará ao municipio na Mancomunidade de Municipios de Ordes, sendo o seu suplente Eduardo Veiras Rey. O representante do concello na Asamblea Xeral de Caixa Galicia será Eduardo Veiras Rey, sendo Manuel Mirás Franqueira o seu suplente. No caso dos Consellos Escolares dos Centros Públicos, Vanessa Reboredo Fraga será a representante municipal nos casos do CEIP de Sigüeiro, do IES de Sigüeiro e das escolas unitarias de Deixebre, Marzoa, Vilacide, Oroso, Senra e Trasmonte. Nos tres casos, a súa suplente é María del Carmen Liste Raña. A representante municipal no Patronato Provincial para a Mellora do Medio Rural será Vanessa Reboredo Fraga, sendo María del Carmen Liste a súa suplente. Finalmente, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, representará ao municipio na Asociación para o desenvolvemento da Comarca de Ordes. O seu suplente é Eduardo Veiras Rey.
  5. Delegación de competencias na Xunta de Goberno. O Pleno Municipal acordou delegar na Xunta de Goberno Local o exercicio de súas atribucións, salvo as enunciadas nos apartado 2, parágrafo a), b), c), d), e), f), g), h), i), l) y p); e apartado 3 do artigo 22 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local.
  6. Aprobación das dedicacións parciais e exclusivas dos membros do equipo de Goberno. O pleno municipal acordou aprobar catro dedicacións parciais: Alcaldía-Presidencia (cunha retribución bruta anual de 35.850,31 euros, en 12 pagas mensuais e 2 extraordinarias, cunha dedicación mínima ó cargo de 80 horas mensuais), Concellería delegada de Limpeza viaria, policía local, protección civil, parques e xardíns (cunha retribución bruta anual de 12.390 euros, en 12 pagas mensuais e 2 extraordinarias, cunha dedicación mínima ó cargo de 40 horas mensuais), Concellería delegada de medio rural, medio ambiente e parroquias (cunha retribución bruta anual de 9.310 euros, en 12 pagas mensuais e 2 extraordinarias, cunha dedicación mínima ó cargo de 40 horas mensuais), Concellería delegada de Asuntos sociais, muller, inmigración e sanidade (cunha retribución bruta anual de 9.310 euros, en 12 pagas mensuais e 2 extraordinarias, cunha dedicación mínima ó cargo de 40 horas mensuais).

    Asimesmo, o pleno municipal aprobou unha adicación exclusiva para a Concellería delegada de Réxime interior, economía e facenda, ensino e patrimonio (cunha retribución bruta anual de 22.050 euros, en 12 pagas mensuais e 2 extraordinarias, coa xornada ordinaria de traballo do persoal da corporación).
  7. Aprobación das contías por asistencias a sesións de órganos colexiados da Corporación. O Pleno municipal aprobou as seguintes contías por asistencias a sesións de órganos colexiados da Corporación: 125 euros por sesión no caso das asistencias a Plenos da corporación, Comisións Informativas e Comisión Especial de Contas; así como 275 euros por sesión no caso das Xuntas de Goberno Local. Asimesmo, o Pleno acordou que, no caso de producírense no mesmo día a asistencia a varios órganos colexiados, só se cobrará a de maior contía e só se cobrará como máximo dúas asistencias mensuais ao mesmo órgano colexiado. A única excepción será no caso do concelleiro Noya Fernández que, a título particular, renuncia ás retribucións que lle puideran corresponder.
  8. Nomeamentos de tenentes de Alcalde, membros da Xunta de Goberno Local e delegacións de competencias. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, deu a coñecer ao pleno as áreas nas que se estructurará Concello na presente lexislatura así como os nomes dos concelleiros que estarán á súa fronte. Así, conformáronse seis concellerías:
    • Concellería de Vías e Obras, Servizos Básicos e Persoal Laboral, dirixida por José Manuel Pérez Penas, concelleiro e membro da Xunta de Goberno Local.
    • Concellería de Réxime Interior, Economía e Facenda, Ensino, Patrimonio e Comercio, dirixida por Vanessa Reboredo Fraga, concelleira e membro da Xunta de Goberno Local.
    • Concellería de Cultura, Deportes, Mocidade, Infraestructura Cultural e Deportiva, Relacións Veciñais e Festexos Populares, dirixida por Eduardo Veiras Rey, concelleiro e membro da Xunta de Goberno Local.
    • Concellería de Limpeza Viaria, Protección Civil e Seguridade Cidadán, Parques e Xardíns, dirixida por José María Castro Rial, concelleiro e membro da Xunta de Goberno Local.
    • Concellería de Medio Rural, Medio Ambiente e Parroquias, dirixida polo concelleiro Jaime Carneiro Uzal.
    • Concellería de Asuntos Sociais, Sanidade, Muller e Inmigración, dirixida pola concelleira María del Carmen Liste Raña.
    Asimesmo, o Pleno Municipal aprobou a delegación dalgunhas competencias da Alcaldía nos concelleiros Vanessa Reboredo e José María Castro. Así, a concelleira de Réxime Interior poderá asinar as nóminas que deba satisfacer o Concello; expedir as certificacións de empadoramento, convivencia e cifra de poboación; e ordenar e outorga-lo visto bo ás certificacións que poidan expedirse con referencia aos Libros de Rexistro. Pola súa banda, o concelleiro de Seguridade Cidadán terá a potestade de incoar expedientes sancionadores en materia de tráfico.

    En segundo lugar, e a proposta do alcalde Manuel Mirás, o Pleno aprobou os nomeamentos dos catro tenentes de alcalde que serán, por esta orde: José Manuel Pérez Penas, Vanessa Reboredo Fraga, Eduardo Veiras Rey e José María Castro Rial.

    Finalmente, o Pleno municipal aprobou a composición da Xunta de Goberno Local. Estará presidida polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e nela integraranse os concelleiros José Manuel Pérez Penas, Vanessa Reboredo Fraga, Eduardo Veiras Rey e José María Castro Rial. Esta Xunta de Goberno Local, previa convocatoria da Alcaldía, reunirase os días 1 e 15 de cada mes, ás 12:00 horas en primeira convocatoria e ás 13:00 en segunda. Unha Xunta de Goberno Local que asumirá as funcións de asistencia e asesoramento á Alcaldía prevista pola lei así como outras competencias delegadas pola propia Alcaldía como: resolución dos expedientes urbanísticos e dos expedientes relativos a licencias de apertura, resolución das licencias de primeira ocupación, emisión de informe na tramitación da autorización no chan rústico e emisión de informe e resolución dos expedientes suxeitos á normativa do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, así como dos expedientes relativos a espectáculos públicos e actividades recreativas (coa excepción dos bailes e verbenas populares).