pleno

Pleno Extraordinario do 6 de novembro de 2007.


Orde do Día


    I. PARTE RESOLUTORIA

  1. Aprobación definitiva do Plan Especial Parque Fluvial do Rego Carboeiro PE – Nº1.
  2. Modificación da Ordenanza Fiscal do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (ICIO).
  3. Modificación da Ordenanza Fiscal da Taxa de suministro de augas.
  4. Modificación da Ordenanza Fiscal Taxa Servizo de Saneamento.
  5. Modificación da Ordenanza Fiscal Taxa de recollida de Lixo.



Acordos


    I. PARTE RESOLUTORIA

  1. O Pleno Municipal aprobou a Acta correspondente á sesión plenaria celebrada o 27 de setembro de 2007.
  2. O Pleno Municipal dou o visto bo definitivo ao Plan Especial Parque Fluvial do Rego Carboeiro PE- Nº 1, desestimando a alegación interposta por un particular durante o trámite de información pública. O proxecto do PE do Carboeiro afecta a tres áreas de reparto, ten unha superficie de 165.830 metros cadrados e foi sometido aos informes sectoriais pertinentes e a un estudio arqueolóxico.
  3. O Pleno aprobou a modificación da Ordenanza Fiscal do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (ICIO). O tipo de gravame pasou do 3% ao 3,5% debido ao pulo urbanístico e constructor que se prevé no municipio coa entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Urbana, que fai preciso que unha parte das plusvalías serradas por esta actividade revirtan no Concello e, por conseguinte, nos veciños e veciñas de Oroso.
  4. O Pleno municipal autorizou á modificación da Ordenanza Reguladora de subministro de augas. A ordenanza, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2008, contempla un incremento das tarifas nun 2,7%, é dicir, dacordo co IPC interanual.
  5. O Pleno aprobou a modificación da Ordenanza Reguladora polo servizo de alcantarillado, polo que se procede á suba das tarifas dacordo co incremento do IPC interanual a data de hoxe (2,7%). A suba entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2008.
  6. Finalmente, o Pleno municipal dou o seu visto e prace á modificación da Ordenanza Fiscal da Taxa por recollida e tratamento de residuos sólidos urbáns, que recollerá a suba do IPC interanual do 2,7%. A cota tributaria consistirá nunha tarifa fixa cunha cuantía que se determinará en función do uso do inmoble. A modificación entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2008.