EDUCAOROSO



educaoroso Cursos informática e Aula Mentor.
O Concello de Oroso vén de ampliar a súa oferta formativa coa convocatoria de tres novos cursos de informática para todas as idades e outros seis cursos da Aula Mentor “Educaoroso”. Os contados dos cursos de informática están estruturados segundo a idade dos alumnos: maiores de 60 anos, nenos (entre 8 e 15 anos) e adultos (de 16 a 59 anos).


oroso Conxelación dos cursos durante as vacacións.
O Concello de Oroso informa aos alumnos e alumnas da Aula Mentor de que a partir do vindeiro 15 de xuño poderán conxelar temporalmente os cursos aos que estean asistindo por mor das vacacións de verán. Os alumnos que se acollan a esta posibilidade deberán chamar aos teléfonos 981973927 ou 981688950.


oroso Aula Mentor incorpora tres novos cursos.
O Concello de Oroso vén de ampliar a súa oferta formativa con tres novos cursos, á disposición dos veciños e veciñas do municipio a través da Aula Mentor “Educaoroso”. Tres novas ofertas que inclúen un curso de creación e produción musical, outro de xestión de recursos humanos para pemes e un terceiro de novas tecnoloxías, o Blender 3D, un programa utilizado en películas de animación e videoxogos.


oroso O telecentro de Oroso incorpora un ordeador para persoas con discapacidade.
O telecentro de comunicacións do Concello de Oroso vén de incorporar un ordenador que conta con dispositivos especiais para que persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motriz poidan acceder a Internet e beneficiarse das vantaxes que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación para o seu desenvolvemento persoal ou profesional. Unha iniciativa posible grazas á participación do Concello de Oroso no proxecto TICTAC, a través da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica.


educaoroso O telecentro de Oroso intégrase na rede CeMIT.
O telecentro de comunicación de Oroso vén de integrarse na rede CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) da Xunta de Galicia coincidindo coa convocatoria de dous cursos do Programa de Formación Multimedia e Audiovisual 2011: Márketing en Internet e Xestión de contidos. Trátase de dous cursos gratuítos que terán lugar ao longo de 30 horas lectivas: 6 presenciais e outras 24 horas de traballo on-line.