Este curso tratará de ensinar a manexar o ordenador a todos aqueles que non estén familiarizados co mundo da informática.
Os alumnos aprenderán os procedementos básicos: acender o ordenador, manexar o rato, crear ficheiros e carpetas e manexar o windows. Unha vez familiarizados co ordenador, os alumnos aprenderán a navegar por Internet e un acercamento ao programa Word. O terceiro e último bloque formativo consistirá en aprender a buscar información en Internet, repasar as técnicas aprendidas e aprender outras moi simples, como o corta-pega.