asociacions

Coral Polifónica Santa Eulalia de Senra


coral de senraA Coral Polifónica "Santa Eulalia" de Senra, nace da idea dalgúns veciños, que tras reunirse para ensaialas tradicionais "Panxoliñas de Nadal" alá polos anos 90, comentan entre eles, o fermoso que sería ter un coro ou coral na parroquia e no propio Concello de Oroso, posto que non existe ningunha formación igual ou parecida.

É a principios do ano 1997 cando comenzan os primeros movementos para a formalización e creación da coral na parroquia.

O primeiro paso que se da foi á búsqueda dunha persoa que poidera impartir clases e ensaiarlos integrantes da coral. Despois de realizar alguns contactos, aparece a figura de D. Manuel Fernández, músico-trompeta da Banda Municipal de Santiago de Compostela e director da Coral Polifónica de Pontepedriña (Santiago).

O segundo paso, foi estudialas condicións económicas e de programación de ensaios, e por último avisar a todolos veciños para que se anotase a xente que estivera interesada.

A resposta da xente foi moi boa e a principios do mes de febreiro, empézanse os primeros ensaios con 28 persoas.

O 1º de Maio de ese mesmo ano, a Coral fai a sua primeira actuación en público, ofrecendo unha misa cantada na igrexa parroquial, e a continuación unha comida de confraternidade entre todolos compoñentes da coral e as persoas que quixeron acompañalos. Dende entonces todolos anos nesta data á Coral ofrece unha misa cantada, concerto e comida de confraternidade, como celebración de aniversario.

A partir de entonces as actuacións en público vanse sucedendo nas festas parroquiais do concello de Oroso e festivais.

No ano 1998, a Coral estrea o seu primero uniforme, e encamiña parte dos seus esforzos á legalización da Coral. Un ano máis tarde, son presentados e aprobados os estatutos da Coral Polifónica Santa Eulalia de Senra, inscribiéndose tamén no Rexistro de Asociacións.

Queda reflexado nos estatutos ó carácter cultural, social e recreativo da actividade da coral, pretendendo en todo momento fomentar e promocionala cultura tanto profana como relixiosa, e carecendo de finalidade lucrativa. O establecelos estatutos formase unha directiva composta por: Presidente, Secretario, Tesoreiro e Vocais. Esta directiva deberá ser cambiada cada dous anos.

A partir destas datas, a coral ofrece os seus servizos nas diversas festas do concello de Oroso e nos demáis concellos limítrofes, celebrando misas, funerais, vodas, bautizos, comunións e outros eventos relixiosos, tamén participa na semana cultural do concello de Oroso, na semana cultural do concello de Ordes e festivais como o festival de nadal organizado pola A.C. Amigos da Música de Ordes.

Cabe destacar das suas actuacións a participación en varias ocasións na misa da TVG ou no Festival de Vilancicos Caixa Nova, ademáis de diversos intercambios con corais da Comunidade Galega e Portugal.




coral de senra