asociacions

Asociación Folklórica e Cultural Lembranzas do Tambre


Dende a nosa fundación no ano 1.983 a “Asociación Folklórica e Cultural Lembranzas do Tambre”, temos como obxetivo contribuir ó espallamento e dignificación da cultura galega dentro do ambito da danza e da música tradicional. Así logo, sabendo que a nosa aportación neste senso non debe de ser algo efímero ou pasaxeiro, senon un traballo que perdure e que poida servir de axuda ás xeneracions vindeiras.

A nosa Asociación tivo moi en conta dende o seu comezo que, ademais de ofrecer un espectáculo digno e de calidade artística, era moi importante a creación dunha escola, dividida en distintas seccións, a través da cal contribuimos á formación do maior número posible de alumnos/as, para así, ademais de involucrar na cultura galega ós nosos xoves, a agrupación poidera contar cunha formación extensa para poder lograr o mais alto nivel interpretativo.

Seccións

  • a) Escola de Danza.
  • b) Escola de gaita e música tradicional.
  • c) Escola de canto e pandereteiras.

Material

Traxes típicos realizados polos artesanos da zona, con productos da nosa terra. Gaitas galegas, bombo, tambores e panderetas, así como outros instrumentos típicos da zona.

Actuacións

Comunidade galega: Dende 1985 Lembranzas do Tambre percorreu a maior parte do territorio galego, actuando en festas, lembranzasromerias e actos oficiais; tamén participou e participa en numerosos concursos, nos que obtivo varios galardóns e premios.

Portugal: as actuacions no pais veciño foron bastantes i exitosas a partir do ano 1990. Podemos destacar entre as mais importantes: Viana do Castelo, Chaves, Oporto, Aveiro, Lamelas, Santo Tirso, Careço e Vila do Vonde.

Comunidade asturiana: Lugones, Cangas de Narcea, Xixón, Luarca e Pedras Blancas.

Castela León: Ponferrada, O Bierzo, Palencia, Astorga e León.

Andalucía: Mairena do Aljarafe, Málaga, Huercal Overa, e Auga dulce Almería.

Comunidade Valenciana: Ibi, Alcoi (Alicante).

Comunidade Aragonesa: Huesca e Sabiñanigo.

Comuniadade Extremeña: Zafra, Don Benito e Cedillo (Caceres).

Comunidade de Murcia: Cidade de Murcia.

Repertorio

A asociación conta cun amplo repertorio en tódalas seccións, o cal, as veces, combinase e, noutras, cada sección interpreta a súa propia especialidade. É por elo que a sección de gaitas interpreta os seus propios concertos, pasarúas, etc. e tamén para a sección de baile; coas pandereteiras pasa exactamente o mesmo.
Entre o noso variado repertorio destacan: as xotas, muiñeiras, maneos, fandangos, etc.

Actos da asociación

Entre as celebracións mais importantes organizadas pola Asociación destaca a “Festa Enxebre”; trátase dunha festa á vella usanza celebrada no incomparable paraxe natural da illa fluvial do refuxio, ó pe do rio Tambre. Neste evento conxugamos unha romaría á vella usanza e un festival folclórico no que participan varios grupos de Galicia e outras Comunidades de España e Portugal.

Día do socio: trátase dun acto participativo onde tódolos asistentes expoñen as súas dotes culturais, musicais e de cante. Tamén se celebra unha pulpada tradicional.

Magosto popular: trátase dun acto interno no que participan sólo alumnos e unha festa folclórica e gastronómica na que esta realizase a base de castañas e chourizos.

Lembranzas do Tambre ten editado un c.d. “Penateixa” con dez pezas de gaita, pandereteiras, cantos populares e acordeón.




lembranzas